top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Tres partidos copeiros!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 1 day ago
  • 1 min read

Venres, 23/05/2025 · 16:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Xornada reducida na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, con íntegro protagonismo para a Copa!



CADETE Rubi e Douglas vs La Salle
Semifinal Copa Primeira Futgal FS | DOM. 25/05 | 18:00h

O Cadete Rubi e Douglas quere achegarse a un novo título este domingo 25 ás 18:00h, cando recibirá no Municipal Agustín Mourís ao La Salle por un posto na final da Copa Primeira Futgal FS.



At. Fátima "B" vs PB Diego e Power
X5 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | SÁB. 24/05 | 12:00h

O Prebenxamín Diego e Power xoga a domicilio na quinta xornada de grupos copeira, visitando ao At. Fátima "B" o sábado 24 ás 12:00h no Municipal Restollal.



PB Montero e Iván vs AD Codima
X5 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | DOM. 25/05 | 17:00h

O Prebenxamín Montero e Iván volve á pista coa quinta xornada de grupos copeira, tras descansar a pasada semana. Os nosos reciben ao AD Codima o domingo 25 ás 17:00h no Municipal Agustín Mourís.





Comments


bottom of page