top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Última xornada de febreiro!


Venres, 21/02/2025 · 19:50h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS despedirase do mes de febreiro con toda a acción da xornada agardando ao domingo 23!



CADETE Rubi e Douglas vs Victoria FC
X1 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 20:00h

O domingo 23 ás 20:00h o Cadete Rubi e Douglas inicia a segunda fase ligueira, recibindo no Agustín Mourís ao Victoria FC.



INFANTIL Pirata vs Club Melide FS "B"
X15 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 19:00h

O Infantil Pirata pon fin á primeira fase do seu campionato ligueiro enfrontándose ao Club Melide FS "B" este domingo 23 ás 19:00h no Agustín Mourís.



Jogafán Ordes FS vs ALEVÍN Schütt e Á. García
X1 Liga Regular 1ª Div. Gr 1. Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 11:00h

O Alevín Schütt e Álex García visita no Municipal Castelao II de Ordes o domingo 23 ás 11:00h ao Jogafán Ordes FS, no debut na segunda fase ligueira.



Victoria FC "B" vs BENX. Pazos e Altamirano
X14 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 10:30h

O Benxamín Pazos e Altamirano desprazarase o domingo 23 ás 10:30h ao Municipal de Pontepedriña santiagués para verse as caras co Victoria FC "B", en partido da 14ª xornada da fase previa de Liga.



Victoria FC vs BENX. Rufino
X14 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 09:30h

O Benxamín Rufino tamén xogará no Municipal de Pontepedriña, no seu caso o domingo 23 ás 09:30h contra o Victoria FC, en encontro da 14ª xornada da fase previa ligueira.



At. Fátima "A" vs PB Diego e Power
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 13:00h

O Prebenxamín Diego e Power visita ao At. Fátima "A" o domingo 23 ás 13:00h no Municipal Apóstol Santiago, en duelo da 13ª xornada da fase previa ligueira.



PB Montero e Iván vs At. Fátima "B"
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 10:00h

O Prebenxamín Montero e Iván disputa no Agustín Mourís o seu choque da 12ª xornada ligueira o domingo 23 ás 10:00h contra o At. Fátima "B".





Comments


bottom of page