
Os equipos da Escola Deportiva noiesa xa se atopan na súa recta final da temporada 2023/2024, senón con ela terminada nalgúns casos. Nesta xornada, que se prolongará do xoves 23 ao luns 27, definirase cantos deles continuarán tendo partidos nas seguintes semanas.
CADETE Lluc vs AD Codima
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | LUN. 27/05 | 21:00h
O Cadete Lluc disputa o seu duelo aprazado da 4ª xornada copeira, que supoñerá a fin da súa temporada de partidos, este luns 27 ás 21:00h no Municipal Agustín Mourís.
CADETE Henrique e Jabá vs AD Codima "B"
X7 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | XOV. 23/05 | 21:00h
O Cadete Henrique e Jabá xoga a última xornada do grupo 1 de Copa de 1ª Autonómica este xoves 23 ás 21:00h, contra o AD Codima "B" co que se encontra igualado a 6 puntos na táboa.
AD Codima "B" vs ALEVÍN Altamirano
X7 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 25/05 | 11:00h
O Alevín Altamirano remata o seu curso 2023/2024 de partidos este sábado 25 ás 11:00h contra o AD Codima "B", na última xornada da fase de grupos copeira.
ALEVÍN Pazos vs AD Codima
X7 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | LUN. 27/05 | 19:00h
O Alevín Pazos xoga este luns 27 ás 19:00h no Municipal Agustín Mourís fronte o AD Codima, no que será o partido que poña fin á súa campaña 2023/2024.
Jogafán Ordes FS "B" vs BENXAMÍN Pola
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 3 | SÁB. 25/05 | 12:00h
O Benxamín Pola saltará dúas veces á pista nesta xornada. A primeira será este sábado 25 ás 12:00h, cando visitará ao Jogafán Ordes FS "B".
BENXAMÍN Pola vs AD Codima
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 3 | LUN. 27/05 | 20:00h
E a segunda, o luns 27 ás 20:00h, día e hora na que disputará o seu encontro aprazado da xornada 4 copeira contra o AD Codima no Municipal Agustín Mourís.
Alto do Vento FS vs BENXAMÍN Sarmiento
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 25/05 | 17:00h
O Benxamín Sarmiento xoga este sábado 25 ás 17:00h como visitante ante o Alto do Vento FS, pola quinta e tamén última xornada do grupo 1 de Copa.
PB Matheus e Attos vs AD Codima X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | XOV. 23/05 | 20:00h
O Prebenxamín Matheus e Attos pecha a fase de grupos de Copa este xoves 23 ás 20:00h contra o AD Codima no Municipal Agustín Mourís.
Alto do Vento FS vs PB Machado e Power
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 26/05 | 11:00h
Visitando ao Alto do Vento FS este domingo 26 ás 11:00h, o Prebenxamín Machado e Power poñerá punto e final á fase de grupos copeira no seu grupo 2.
Commentaires