
A Escola Deportiva terminará o mes de febreiro esta fin de semana, con 10 partidos por diante entre venres e domingo, 7 deles no Agustín Mourís. Descansará o Cadete Henrique e Jabá.
XUVENIL vs 5 Coruña FS "B" - Mera FS
X20 Liga Galega | DOM. 25/02 | 19:00h
O líder da Liga Galega regresa á competición tras descansar a pasada xornada, e farao este domingo 25 de febreiro ás 19:00h no Agustín Mourís, recibindo ao perigoso 5 Coruña FS "B" - Mera FS, 4º clasificado con 37 puntos, 11 menos que os 48 dos nosos.
Jogafán Ordes FS vs XUVENIL Rufino
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 24/02 | 13:30h
Por segunda xornada seguida, o Xuvenil Rufino xogará lonxe da casa, e este sábado 24 ás 13:30h en Ordes intentará repetir a vitoria da semana pasada, inmerso no obxectivo de continuar escalando postos na táboa, xa superado o ecuador desta fase do campionato.
CADETE Lluc vs Atlético Fátima
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 24/02 | 13:00h
Remata esta primeira fase liguera para o Cadete Lluc cun duro encontro. Os noieses recibirán ao Atlético Fátima, 1º clasificado, este sábado 24 ás 13:00h no Municipal Agustín Mourís.
ALEVÍN Pirata vs Club Melide FS
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 25/02 | 13:00h
Outro que acaba a primeira fase de Liga é o Alevín Pirata, que se enfrontará ao Club Melide FS ás 13:00h deste domingo 25 no Agustín Mourís.
A Estrada Futsal vs ALEVÍN Altamirano
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | VIE. 23/02 | 20:15h
O mesmo para o Alevín Altamirano, que visitará o Municipal Coto Ferreiro para xogar contra o A Estrada Futsal este venres 23 ás 20:15h.
EDS Santa Marta vs ALEVÍN Pazos
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 24/02 | 11:00h
O Alevín Pazos xogará o seu último partido da fase inicial ligueira contra o EDS Santa Marta, este sábado 24 ás 11:00h no Municipal de Lamas de Abade.
BENJAMÍN Pola vs Oroso FS CD
J4 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 25/02 | 10:00h
O Benxamín Pola recibe este domingo 25 ás 10:00h ao Oroso FS CD, no cuarto partido da segunda fase ligueira.
BENXAMÍN Sarmiento vs Oroso FS CD "B"
X4 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 25/02 | 11:00h
O Benxamín Sarmiento fará o propio tamén este domingo 25 pero unha hora máis tarde, ás 11:00h, contra o Oroso FS CD "B", na cuarta xornada da súa segunda fase ligueira.
PREBENXAMÍN Matheus e Attos vs Jogafán Ordes FS "B"
X4 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 24/02 | 12:00h
O Prebenxamín Matheus e Attos volve a xogar tras descansar a pasada semana, e recibirá o sábado 24 ás 12:00h ao Jogafán Ordes FS "B".
PREBENXAMÍN Machado e Power vs EDS Santa Marta X4 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 25/02 | 12:00h
O turno do Prebenxamín Machado e Power será este domingo 25 ás 12:00h contra o EDS Santa Marta no Municipal Agustín Mourís.
Comments