Xa todas as categorías inferiores da Escola Deportiva comezaron os adestramentos, pero só unha compite, co Xuvenil de Daniel Ventoso afrontando esta fin de semana a segunda xornada da Liga Galega no Mourís.
XUVENIL vs Sala Ourense 2014 | Domingo 24/09 | 12:00h | Municipal Agustín Mourís
Despois da vitoria no primeiro partido da competición na pista do CD Beade / Galektra, o Xuvenil quere alargar o ritmo no que será a súa estrea como local esta temporada. Os brancos recibirán a visita do Sala Ourense 2014, que na xornada inaugural caeu contra o Pescados Rubén Burela FS. O duelo entre noieses e ourensáns disputarase este domingo 24 ás 12:00h no Municipal Agustín Mourís.
ความคิดเห็น