top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Cinco partidos na casa!


Venres, 22/11/2024 · 19:00h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


A Escola Deportiva noiesa afronta unha nova xornada de partidos esta fin de semana con 8 en total, 5 deles un domingo de puro fútbol sala no Mourís!



Club Melide FS vs XUVENIL Peixe e Garrincha
X5 Primeira Futgal FS | SÁB. 23/11 | 11:00h

O Xuvenil Peixe e Garrincha visitará no Municipal de Melide ao Club Melide FS este sábado 23 ás 11:00h pola quinta xornada de Primeira Futgal FS.



CADETE Rubi e Douglas vs Alto do Vento FS "C"
X6 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 20:00h

O Cadete Rubi e Douglas pechará o día de domingo no Mourís, recibindo ao Alto do Vento FS "C" ás 20:00h na sexta xornada ligueira.



Jogafán Ordes FS vs INFANTIL Pirata e Attos
X5 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 11:30h

O Infantil Pirata e Attos enfrontarase ao Jogafán Ordes FS no Municipal Castelao II este domingo 24 ás 11:30h, pola quinta xornada da fase previa ligueira.



ALEVÍN Schütt e Á. García vs Alto do Vento FS "B"
X4 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 18:00h

O Alevín Schütt e Álex García vese as caras este domingo 24 ás 18:00h no Municipal Agustín Mourís co Alto do Vento FS "B", no cuarto partido do curso.



BENX. Pazos e Altamirano vs Alto do Vento FS "B"
X4 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 17:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano recibe o domingo 24 ás 17:00h ao Alto do Vento FS "B", na xornada cuarta ligueira.



BENX. Rufino e Matheus vs Alto do Vento FS "C"
X4 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 16:00h

O Benxamín Rufino e Matheus abrirá a sesión de tarde do domingo no Mourís co seu partido contra o Alto do Vento FS "C" ás 16:00h, pola cuarta xornada da fase previa ligueira.



PB Diego e Power vs At. Fátima "A"
X4 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 12:00h

O Prebenxamín Diego e Power disputará o único partido matinal en Noia, xogando ante o Atlético Fátima "A" este domingo 24 ás 12:00h.



At. Fátima "B" vs PB Montero e Iván
X4 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 23/11 | 11:25h

O Prebenxamín Montero e Iván desprazarase ao Municipal de Santa Isabel santiagués para xogar contra o Atlético Fátima "B" este sábado 23 ás 11:25h pola xornada 4 da fase previa ligueira.





Comments


bottom of page