top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Sete partidos nunha nova xornada para as inferiores



Cinco encontros o sábado e dous o domingo para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, co fin dunha Liga e a continuación dos torneos de Copa.


XUVENIL

Os de Daniel Ventoso buscarán a súa segunda vitoria na Copa visitando ao Alto do Vento FS "A" o sábado 22 ás 12:15h no Municipal Lamas de Abade de Santiago.


CADETE

Despois de descansar a pasada fin de semana, o Cadete campión de Liga Galega despedirase da competición doméstica coa última xornada, o domingo 23 ás 19:00h fronte o CP Casás, nun choque que servirá como preparación para o vindeiro torneo de Copa.


Pola súa parte, o Cadete de 1ª Autonómica afronta a xornada 22 ligueira visitando no Municipal Os Tilos ao Club San Francisco Teo o sábado 22 ás 10:00h, nun duelo no que tentarán traerse o seu segundo triunfo consecutivo.


ALEVÍN

O Alevín de Iván Insua buscará o segundo triunfo en dous partidos de Copa no envite contra o Victoria FC "A", este sábado 22 ás 16:30h no Municipal Agustín Mourís.


BENXAMÍN

O Benxamín desprazase a Padrón para medirse ao Stellae FS, na segunda xornada do grupo 1 da Copa de 1ª Autonómica, este domingo 23 ás 17:00h.


PREBENXAMÍN

Viaxes para ambos cadros Prebenxamíns. O "A" enfrontarase ao Bertamiráns CF "A" ás 16:45h do sábado 22 no Municipal de Bertamiráns, mentres que o "B" fará o propio co Alto do Vento FS o mesmo sábado 22 ás 11:00h no Municipal de Lamas de Abade.


bottom of page