top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | A Escola, a pleno funcionamento!



Agora si, a competición chega para a Escola Deportiva, que practicamente na súa totalidade se pon en marcha esta fin de semana con 10 equipos en liza en 9 encontros.


XUVENIL vs SDCR Narón O Freixo
X6 Liga Galega | SÁB. 21/10 | 18:15h

Os de Daniel Ventoso reciben a visita do noveno clasificado na tarde deste sábado, en partido da sexta xornada da Liga Galega. Ante os naroneses, os nosos buscarán sumar de tres por terceira semana consecutiva e manterse como inmediato perseguidor do líder, o Pescados Rubén Burela FS.


AD Codima vs XUVENIL Rufino
X1 1ª Autonómica Fase Previa | DOM. 22/10 | 18:30h

Comeza a Liga para o outro conxunto Xuvenil, que afronta a primeira xornada da fase previa da 1ª Autonómica coa visita ao AD Codima en Restollal este domingo 22 ás 18:30h.


CADETE Lluc vs Oroso FS CD "B"
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 21/10 | 16:30h

O Cadete apadriñado por Lluc inicia o curso no Agustín Mourís, recibindo a visita do Oroso FS CD "B" o sábado 21 ás 16:30h na primeira xornada do grupo 1 da fase previa da 1ª Autonómica.


AD Codima vs CADETE Henrique e Jabá
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 22/10 | 16:30h

Pola súa parte, o outro conxunto Cadete fai o propio, aínda que pertencendo ao grupo 2, o domingo 22 ás 16:30h en Restollal contra o AD Codima.


ALEVÍN Pirata vs ALEVÍN Pazos
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 22/10 | 12:00h

Duelo entre dous dos Alevíns noieses, que comezarán a temporada enfrontándose entre si este domingo 22 ás 12:00h no Agustín Mourís.


AD Codima "B" vs ALEVÍN Altamirano
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 22/10 | 17:30h

O Alevín restante visitará en Restollal ao AD Codima "B" como inicio do grupo 2 da fase previa da 1ª Autonómica este domingo 22 ás 17:30h.


Atlético Fátima vs BENXAMÍN Pola
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 22/10 | 12:15h

O equipo Benxamín apadriñado por Pola visita no Municipal Lamas de Abade ao Atlético Fátima no que será o seu primeiro partido da temporada, este domingo ás 12:15h.


Oroso FS CD vs BENXAMÍN Sarmiento
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 22/10 | 12:00h

O Benxamín apadriñado por Nico Sarmiento xogará no Complexo Deportivo Juan Amigo fronte o Oroso FS CD para dar comezo á temporada 2023/2024.


Stellae FS-Valga vs PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 22/10 | 16:30h

E os máis pequenos en entrar en competición son os Prebenxamín, que visitarán Valga o domingo 22 ás 16:30h.


bottom of page