Seis partidos agardan pola Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, catro deles da última xornada de grupos copeiros, a semifinal para o Xuvenil e o derradeiro encontro ligueiro do Cadete de 1ª Autonómica.
XUVENIL
Os de Daniel Ventoso tentarán conseguir o billete á final da Copa de 1ª Autonómica este domingo 21 ás 16:15h no Pavillón Alonso Rodríguez diante do Stellae FS.
CADETE
Acaba a 1ª Autonómica para os de Julio Moreno, que neste último compromiso visitarán ao Stellae FS "B" o sábado 20 ás 19:15h en Padrón.
INFANTIL
Segundos con 6 puntos no Grupo 1 da Copa de 1ª Autonómica, os de Pablo Cardoso visitan aos líderes Stellae FS "B", que teñen 9 puntos, o sábado 20 ás 20:15 na cancha dos padroneses.
ALEVÍN
Os de Iván Insua tamén se verán as caras do equipo de Padrón, no seu caso no Pavillón Alonso Rodríguez, este domingo 21 ás 17:15h, para finalizar o grupo copeiro.
BENXAMÍN
O Benxamín visita ás 10:00h do domingo 21 ao Victoria FC - Dinos "C" no Municipal de Fontiñas, na sexta xornada do seu grupo de Copa.
BIBERÓN
Ás 16:00h do sábado 20 xogan os máis pequenos, o equipo Biberón, contra o Bertamiráns CF para rematar o grupo de Copa.
Comments