HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | O 2025 baixa o pano!
- Departamento prensa Noia PA FS
- 2 minutes ago
- 2 min read

Sábado, 20/12/2025 · 11:49h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS disputa os seus últimos partidos do ano esta fin de semana!
XUVENIL vs AD Codima
X8 Primeira Futgal FS - Fase Previa | SÁB. 20/12 | 20:00h
O Xuvenil de Julio Moreno recibe ao AD Codima este sábado 20 ás 20:00h no Municipal Agustín Mourís pola xornada 8 de Primeira Futgal FS.
ADC Piringalla vs CADETE
X14 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 21/12 | 18:00h
O Cadete de Pablo Cardoso inicia a domicilio a segunda volta ligueira este domingo 21 ás 18:00h fronte ao ADC Piringalla pola 14ª xornada de Preferente Futgal FS.
Os Meigallos FS vs INFANTIL
X14 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 21/12 | 19:00h
O Infantil de Iván Fernández e Iván Insua comezará tamén a segunda volta, no seu caso no Municipal José Mario González de Sarria contra Os Meigallos FS, o domingo 21 ás 19:00h pola data 14 de competición.
ALEVÍN vs Alto do Vento FS "C"
X7 Primeira Futgal FS | SÁB. 20/12 | 16:00h
O Alevín xoga na casa ante o Alto do Vento FS "C" o sábado 20 ás 16:00h pola xornada 7 de Primeira Futgal FS.
BENX. "A" vs A Estrada Futsal
X7 Primeira Futgal FS | SÁB. 20/12 | 17:00h
O Benxamín "A" recibe no Mourís ao A Estrada Futsal o sábado 20 ás 17:00h pola sétima data de Primera Futgal FS.
Alto do Vento FS "B" vs BENX. "B"
X7 Primeira Futgal FS | SÁB. 20/12 | 12:00h
O Benxamín "B" visita ao Alto do Vento FS "B" no Pavillón Monte dos Postes o sábado 20 ás 12:00h en choque da sétima xornada de Primeira Futgal FS.
AD Codima vs PREBENX.
X7 Primeira Futgal FS | SÁB. 20/12 | 10:00h
O Prebenxamín desprázase para xogar ante o AD Codima no Pavillón Monte dos Postes o sábado 20 ás 10:00h en choque da sétima xornada de Primeira Futgal FS.







