top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Marzo dá a benvida con 9 partidos!



Nove partidos para dez equipos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS nesta primeira xornada do mes de marzo, catro deles no Agustín Mourís, entre sábado e domingo. Descansará o Cadete Lluc.


SDCyR Narón O Freixo "A" vs XUVENIL
X21 Liga Galega | DOM. 03/03 | 13:00h

O líder da Liga Galega FS buscará o seu 18º triunfo en 19 partidos na pista do SDCyR Narón o Freixo "A", 6º con 28 puntos, este domingo 3 de marzo ás 13:00h. Os de Daniel Ventoso encaran o último terzo do campionato ligueiro con 6 puntos de diferenza sobre o segundo e pretendendo achegarse canto antes ao título.


XUVENIL Rufino vs Oroso FS CD
X15 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 02/03 | 20:00h

O Xuvenil Rufino recibe a visita do líder este sábado 2 de marzo ás 20:00h, coa misión de intentar dar a sorpresa para regresar á senda da vitoria tras a derrota da pasada semana.


CADETE Henrique e Jabá vs Oroso FS CD "B"
1ª Autonómica Eliminatorias - 1/4 de final Grupo 1 | SÁB. 02/03 | 19:00h

Tras terminar a primeira fase ligueira, o Cadete Henrique e Jabá aborda as eliminatorias do grupo 1, cos cuartos de final a partido único, nos que recibirá ao Oroso FS CD "B" este sábado 2 ás 19:00h.


ALEVÍN Pirata vs Atlético Fátima
1ª Autonómica Eliminatorias - 1/4 de final Título | DOM. 03/03 | 17:00h

Grazas ao seu bo facer na primeira fase ligueira, o Alevín Pirata clasificouse á fase polo título, e disputará os cuartos de final contra o Atlético Fátima este domingo 3 ás 17:00h no Mourís


ALEVÍN Altamirano vs ALEVÍN Pazos
1ª Autonómica Eliminatorias - 1/4 de final Grupo 1 | SÁB. 02/03 | 18:00h

Duelo entre Alevíns noieses nos cuartos de final do grupo 1, co Altamirano e o Pazos enfrontándose ás 18:00h do sábado 2 no Agustín Mourís.


EFS Trasgos "A" vs BENXAMÍN Pola
X5 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 03/03 | 10:00h

O Benxamín Pola visita este domingo 3 ás 10:00h ao EFS Trasgos "A", no quinto partido da segunda fase ligueira.


AD Codima "B" vs BENXAMÍN Sarmiento
X5 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 03/03 | 19:30h

O Benxamín Sarmiento fará o propio tamén este domingo 3 ás 19:30h, contra o AD Codima "B", na quinta xornada da súa segunda fase ligueira.


Atlético Fátima "A" vs PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X5 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 02/03 | 18:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos desprazarase para xogar contra o Atlético Fátima "A" o sábado 2 ás 18:00h, pola cuarta xornada do grupo 1.


AD Codima vs PREBENXAMÍN Machado e Power X5 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 03/03 | 18:30h

O Prebenxamín Machado e Power visitará ao AD Codima este domingo 3 ás 18:30h tamén pola súa cuarta xornada pero do grupo do título.



bottom of page