top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | As inferiores empezan febreiro con 10 partidos



O mes de febreiro inicia para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS con 10 partidos á vista para este sábado 2 e domingo 3. Só descansa o Alevín Pirata.


Sala Ourense 2014 vs XUVENIL
X17 Liga Galega | SÁB. 03/02 | 12:30h

O equipo de Daniel Ventoso visita este sábado 3 ás 12:30h a cancha do pechacancelas, polo que será un duelo de extremos totalmente opostos, xa que os noieses ocupan o liderado da Liga Galega FS con 42 puntos, 6 de avance sobre o segundo clasificado. Obxectivo claro, seguir sumando de tres en tres para manterse no máis alto, polo menos coa diferenza actual.


XUVENIL Rufino vs AD Codima
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 04/02 | 13:00h

Tras a cuarta, o Xuvenil Rufino buscará a quinta vitoria consecutiva, que lle faría seguir progresando posicións na táboa e achegarse, precisamente, ao seu rival desta xornada, que é 4º con 19 puntos, 6 máis que os nosos, 6º. O duelo xogarase o domingo 4 ás 13:00h no Agustín Mourís.


CADETE Lluc vs AD Codima "B"
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 04/02 | 12:00h

Antepenúltima xornada desta fase ligueira inicial para o Cadete Lluc, que recibirá este domingo 4 ás 12:00h ao AD Codima "B", equipo situado xusto por diante dos noieses na clasificación.


Alto do Vento FS vs CADETE Henrique e Jabá
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 04/02 | 16:15h

O Cadete Henrique e Jabá, que vén de gañar a pasada xornada, visita ao líder de grupo este domingo 4 a partir das 16:15h, coa ambición de dar a sorpresa e ter a opción de avanzar lugares na táboa.


Alto do Vento FS "B" vs ALEVÍN Altamirano
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 03/02 | 18:45h

Coa alegría da vitoria da pasada fin de semana, o Alevín Altamirano enfrontarase ao Alto do Vento FS "B", do que lle separan 6 puntos, este sábado 3 ás 18:45h.


Jogafán Ordes FS "B" vs ALEVÍN Pazos
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 03/02 | 16:00h

O Alevín Pazos verase as caras co Jogafán Ordes FS "B" na 12ª xornada da Fase Previa Grupo 1, este sábado 3 ás 16:00h.


Jogafán Ordes FS vs BENXAMÍN Pola
X2 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 03/02 | 18:00h

Segunda xornada da segunda fase ligueira para o Benxamín Pola, que visitará ao Jogafán Ordes FS este sábado 3 ás 18:00h.


Jogafán Ordes FS "B" vs BENXAMÍN Sarmiento
X2 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | SÁB. 03/02 | 17:00h

Tamén segunda data para o Benxamín Sarmiento, tras a alegría da primeira vitoria a pasada fin de semana, e, ao igual que o Benxamín Pola, visitando Ordes, neste caso ao Jogafán Ordes FS "B" o sábado 3 ás 17:00h.


Atlético Fátima "B" vs PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X2 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 03/02 | 11:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos xogará contra o Atlético Fátima "B" este sábado 3 ás 11:00h, na segunda xornada da Liga Regular Grupo 1.


Stellae FS - Valga vs PREBENXAMÍN Machado e Power X2 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 04/02 | 16:00h

Pola súa parte, o Prebenxamín Machado e Power visitará ao Stellae FS - Valga este domingo 4 ás 16:00h, na xornada 2 da Liga Regular Título.



bottom of page