
O último mes do ano 2023 inicia para a Escola Deportiva noiesa con 10 encontros, repartidos entre o sábado, na súa maioría, e o domingo. Descansa o Cadete Henrique e Jabá.
XUVENIL vs Hércules FS
X12 Liga Galega | DOM. 03/12 | 19:00h
O líder de Liga Galega aspira a manterse nesa posición o máximo posible, e para iso deberá superar este domingo no Mourís a outro dos equipos da zona alta, un Hércules FS que, cos mesmos 23 puntos que o Burela, é un dos perseguidores inmediatos do cadro noiés.
XUVENIL Rufino vs Alto do Vento FS "B"
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 02/12 | 12:00h
O Xuvenil Rufino tratará de lograr o seu primeiro triunfo da temporada este sábado ás 12:00h, cando recibirá no Alonso Rodríguez ao Alto do Vento FS "B".
Atlético Fátima vs CADETE Lluc
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 20:30h
Compromiso como visitante para o Cadete Lluc, que visitará ao Atlético Fátima no Lamas de Abade este sábado ás 20:30h.
Club Melide FS vs ALEVÍN Pirata
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 02/12 | 19:00h
A por outra vitoria irá o Alevín Pirata, no seu obxectivo de continuar segundo ben preto do líder, AD Codima. Nesta ocasión, desprazaranse a Melide para verse as caras co Club Melide FS o sábado ás 19:00h.
ALEVÍN Altamirano vs A Estrada Futsal
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 11:00h
Difícil proba para o Alevín Altamirano, que recibirá o sábado ás 11:00h no Alonso Rodríguez ao líder invicto do seu grupo, o A Estrada Futsal.
ALEVÍN Pazos vs EDS Santa Marta
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 02/12 | 13:00h
Despois dese partido, será o turno do Alevín restante, o Alevín Pazos, que se enfrontará ás 13:00h ao EDS Santa Marta.
Jogafán Ordes FS "B" vs BENXAMÍN Pola
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 16:00h
O Benxamín Pola visitará o Municipal Castelao II para xogar ante o Jogafán Ordes FS "B" o sábado ás 16:00h.
Alto do Vento FS vs BENXAMÍN Sarmiento
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 03/12 | 11:30h
Xunto ao Xuvenil, o Benxamín Sarmiento será o outro equipo que xogue domingo. No seu caso, visitando ao Alto do Vento FS ás 11:30h en Santa Isabel.
AD Codima vs PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 18:00h
Sábado ás 18:00h en Lamas de Abade xogará o seu partido o Prebenxamín Matheus e Attos, contra o AD Codima.
Jogafán Ordes FS vs PREBENXAMÍN Machado e Power X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 17:00h
Regresa á competición o Prebenxamín Machado e Power, tras descansar a semana pasada, visitando no Castelao II ao Jogafán Ordes FS o sábado ás 17:00h.
Comments