top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | 11 partidos agardan entre venres e domingo



Os 11 equipos en competición da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS saltarán á pista esta fin de semana, entre o venres 19 e o domingo 21.


XUVENIL vs Campito Chapela FS
X15 Liga Galega | DOM. 21/01 | 12:30h

Continúa o camiño do líder de Liga Galega, que recibe este domingo 21 a partir das 12:30h ao Campito Chapela no Municipal Agustín Mourís. Os noieses, 1º con 36 puntos, procurarán alargar a súa condición á fronte da táboa ante un conxunto que se sitúa 8º con 15 puntos.


Oroso FS CD "B" vs XUVENIL Rufino
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | VEN. 19/01 | 22:15h

O Xuvenil Rufino buscará facer certo o refrán do "non hai dous sen tres" este mesmo venres 19 ás 22:15h, cando visite ao Oroso FS CD "B", coa misión de lograr o seu terceiro triunfo consecutivo.


CADETE Lluc vs La Salle
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 20/01 | 19:00h

O Cadete Lluc, 6º con 10 puntos, recibirá no Agustín Mourís ao La Salle, 3º con 18 puntos, na 10ª xornada, coa intención de sumar unha importante vitoria que lles faga avanzar na táboa.


Jogafán Ordes FS vs CADETE Henrique e Jabá
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 21/01 | 12:00h

O Cadete Henrique e Jabá visita ao 2º clasificado, esixente xornada para os nosos, co partido programado para este domingo 21 ás 12:00h.


AD Codima vs ALEVÍN Pirata
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 20/01 | 20:00h

Duelo entre primeiro e segundo entre o AD Codima e o Alevín Pirata. Igualados a puntos (co AD Codima cun partido menos), ambos equipos disputaranse o liderado este sábado 20 ás 20:00h no Mourís.


EFS Rodeiro vs ALEVÍN Altamirano
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | VEN. 19/01 | 19:00h

O Alevín Altamirano visitará ao EFS Rodeiro, último clasificado do seu grupo, este venres 19 ás 19:00h coa ambición de conseguir unha vitoria que se resiste nas últimas xornadas.


ALEVÍN Pazos vs Club Melide FS
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 21/01 | 11:00h

O Alevín Pazos, pola súa parte, recibirá ao Club Melide FS este domingo 21 ás 11:00h no Agustín Mourís, nun partido entre os dous últimos equipos na clasificación.


AD Codima vs BENXAMÍN Pola
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 21/01 | 13:15h

O Benxamín Pola, 3º con 19 puntos, visita ao AD Codima, líder con 27 unidades, este domingo 21 ás 13:15h no Municipal Quiroga Palacios.


AD Codima "B" vs BENXAMÍN Sarmiento
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 21/01 | 12:00h

O Benxamín Sarmiento tamén se desprazará ao Municipal Quiroga Palacios para enfrontarse ao AD Codima "B", este domingo 21 ás 12:00h.


EDS Santa Marta vs PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 20/01 | 17:00h

Na tarde do sábado 20, ás 17:00h, o Prebenxamín Matheus e Attos xogará contra o EDS Santa Marta na pista do Municipal Lamas de Abade.


Alto do Vento FS vs PREBENXAMÍN Machado e Power X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 20/01 | 12:00h

Pola mañá, ás 12:00h, e tamén no Municipal Lamas de Abade, será turno do Prebenxamín Machado e Power, que disputará o seu partido contra o Alto do Vento FS.



bottom of page