top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Partido decisivo para o Xuvenil de Liga Galega FS!



Nova xornada de partidos para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, que arrancará este mesmo venres e prolongarase ata o domingo pola tarde! Só descansa un conxunto, o Cadete Lluc.



XUVENIL vs Pescados Rubén Burela FS
X26 Liga Galega FS | SÁB. 20/04 | 13:00h

Partido decisivo no Municipal Agustín Mourís pola Liga Galega FS. O Xuvenil branco, líder con 5 puntos de diferenza, enfróntase ao seu máximo perseguidor a cinco partidos da conclusión do campionato. Lograr a vitoria sería un golpe case definitivo para o título, e iso buscarán os de Daniel Ventoso a partir das 13:00h dun sábado que estará cheo de gran fútbol sala no feudo noiés.



XUVENIL Rufino vs Oroso FS CD "B"
X21 1ª Autonómica - Fase Previa | DOM. 21/04 | 13:00h

O Xuvenil Rufino intentará volver á senda da vitoria este domingo ás 13:00h no Agustín Mourís fronte ao Oroso FS CD "B", na penúltima xornada desta fase ligueira.



CD CompoSala vs CADETE Henrique e Jabá
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 20/04 | 11:00h

Terceira xornada da fase de grupos de Copa para o Cadete Henrique e Jabá, que visitará ao CD CompoSala o sábado 20 a partir das 11:00h.



ALEVÍN Pirata vs EFS Rodeiro
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 21/04 | 12:00h

A pola terceira vitoria consecutiva irá o Alevín Pirata no próximo mediodía dominical, cando recibirá ao EFS Rodeiro.



ALEVÍN Altamirano vs A Estrada Futsal
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | VEN. 19/04 | 21:30h

O Alevín Altamirano tamén tratará de conseguir a vitoria por terceira xornada consecutiva, no partido que abre a xornada, este venres 19 a partir das 21:30h.



Alto do Vento FS "B" vs ALEVÍN Pazos
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 21/04 | 10:00h

O Alevín Pazos xogará este domingo 21 ás 10:00h, fronte ao Alto do Vento FS "B" no Pavillón Municipal de Restollal.



BENXAMÍN Pola vs Oroso FS CD "B"
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 3 | DOM. 21/04 | 10:00h

Terminou a Liga e empeza a Copa para Benxamíns e Prebenxamíns. No caso do Benxamín Pola, inicia na primeira xornada do grupo 3 recibindo ao Oroso FS CD "B" o domingo 21 ás 10:00h.



BENXAMÍN Sarmiento vs Oroso FS CD
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 21/04 | 11:00h

O Benxamín Sarmiento comezará a súa andaina copeira este domingo 21 ás 11:00h no Agustín Mourís contra o Oroso FS CD.



PB Matheus e Attos vs Stellae FS - Valga X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 21/04 | 18:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos verase as caras co Stellae FS - Valga o domingo 21 ás 18:00h, no seu partido inaugural do grupo 1 de Copa.



PB Machado e Power vs At. Fátima "A"
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 21/04 | 17:00h

O Prebenxamín Machado e Power xogará este domingo 21 ás 17:00h no Municipal Agustín Mourís contra o Atlético Fátima "A" para abrir o seu concurso no grupo 2 de Copa.


bottom of page