top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Volven as inferiores!


Venres, 18/10/2024 · 21:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS segue entrando en competición! Dous equipos máis das inferiores noiesas se unen ao Xuvenil de División de Honra, que comezou a Liga xa hai un mes, e nas próximas semanas iranse incorporando o resto.



AD Codima vs XUVENIL Peixe e Garrincha
X1 Primeira Futgal FS | DOM. 20/10 | 10:15h

O Xuvenil Peixe e Garrincha debuta na renomeada Primeira Futgal FS no pavillón santiagués de Monte dos Postes, onde se enfrontará ao AD Codima este domingo 20 ás 10:15h.



CD CompoSala vs CADETE Rubi e Douglas
X1 Primeira Futgal FS | SÁB. 19/10 | 11:00h

Pola súa parte, o Cadete Rubi e Douglas comezará a súa temporada competitiva tamén o sábado 19, no seu caso ás 11:00h no Pavillón Carmen Estévez de Roxos contra o CD CompoSala.

Comments


bottom of page