
Venres, 17/01/2025 · 17:55h · Imaxe: Alejandro Lorenzo
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS encara unha nova fin de semana de partidos, con todas as categorías participando entre o sábado 18 e o domingo 19!
XUVENIL Peixe e Garrincha vs CD CompoSala "B"
X10 Primeira Futgal FS | DOM. 19/01 | 19:00h
O Xuvenil Peixe e Garrincha recibe ao CD CompoSala "B" este domingo 19 ás 19:00h no Municipal Agustín Mourís pola décima xornada de Primeira Futgal FS.
CADETE Rubi e Douglas vs Alto do Vento FS "B"
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 10:00h
O Cadete Rubi e Douglas madrugará para xogar este sábado 18 ás 10:00h na casa ante o Alto do Vento FS "B", en partido da undécima xornada ligueira.
FC Meigas vs INFANTIL Pirata
X10 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 16:00h
O Infantil Pirata e Attos visita ao FC Meigas en Bertamiráns este sábado 18 ás 16:00h, en partido da décima xornada ligueira.
ALEVÍN Schütt e Á. García vs Alto do Vento FS "C"
X9 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 19/01 | 18:00h
O Alevín Schütt e Álex García xogará na casa contra o Alto do Vento FS "C" este domingo 19 ás 18:00h, no noveno partido do curso.
Club Melide FS vs BENX. Pazos e Altamirano
X9 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 18:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano desprázase a Melide para disputar, este sábado 18 ás 18:00h contra o Club Melide FS, partido da novena xornada da fase previa de Liga.
A Estrada Futsal vs BENX. Rufino e Matheus
X9 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 12:15h
O Benxamín Rufino e Matheus visita ao A Estrada Futsal este sábado 18 ás 12:15h pola xornada 9 da fase previa do campionato ligueiro.
Victoria FC "B" vs PB Diego e Power
X8 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 16:45h
O Prebenxamín Diego e Power xogará como visitante contra o Victoria FC "B" o sábado 18 ás 16:45h, pola oitava xornada ligueira.
PB Montero e Iván vs AD Codima
X8 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 19/01 | 17:00h
O Prebenxamín Montero e Iván recibe no Mourís ao AD Codima este domingo 19 ás 17:00h, na oitava data de fase previa ligueira.
Comments