
Esta xornada da Escola Deportiva disputarase case íntegramente no Agustín Mourís, a excepción dun dos nove encontros. Descansan Xuvenil Rufino e Alevín Pirata.
XUVENIL vs Os Meigallos FS
X10 Liga Galega | DOM. 19/11 | 17:30h
A semana pasada, os de Daniel Ventoso quedaron coas ganas de xogar, ao verse aprazado o seu partido en Vilalba. Os noieses, que se manteñen 3º a pesar de ter dous partidos menos que o líder e algún dos seus perseguidores, volverán á pista este domingo 19 ás 17:30h no Mourís contra Os Meigallos FS, 7º con 13 puntos.
AD Codima "B" vs CADETE Lluc
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 18/11 | 16:50h
O Cadete Lluc, perfecto ata o momento na casa, buscará o seu primeiro triunfo como visitante no desprazamento a Lamas de Abade contra AD Codima "B", o sábado 18 ás 16:50h.
CADETE Henrique e Jabá vs Alto do Vento FS
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 18/11 | 17:00h
Dez minutos máis tarde comezará o compromiso do Cadete Henrique e Jabá en Noia, enfrontándose ás 17:00h co Alto do Vento FS.
ALEVÍN Altamirano vs Alto do Vento FS "B"
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 19/11 | 11:00h
O Alevín Altamirano foi outro dos tres equipos da nosa base que se quedaron sen xogar a semana pasada. Este domingo 19 ás 11:00h, reciben a visita do Alto do Vento FS "B" ao Agustín Mourís.
ALEVÍN Pazos vs Jogafán Ordes FS "B"
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 19/11 | 10:00h
Antes, será momento do Alevín Pazos, que abrirá a mañá de domingo no Mourís xogando contra o Jogafán Ordes FS "B" a partir das 10:00h.
BENXAMÍN Pola vs AD Codima
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 19/11 | 12:00h
O carrusel dominical continuará co Benxamín Pola, recibindo a visita do AD Codima ás 12:00h na quinta xornada do seu grupo.
BENXAMÍN Sarmiento vs AD Codima "B"
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 19/11 | 13:00h
E finalizará co outro Benxamín, no seu caso contra o AD Codima "B" a partir das 13:00h, en partido tamén da quinta xornada.
PREBENXAMÍN Matheus e Attos vs EDS Santa Marta
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 18/11 | 18:15h
Sábado pola tarde haberá tamén a presenza dos máis pequenos, co Prebenxamín Matheus e Attos enfrontándose ao EDS Santa Marta a partir das 18:15h.
PREBENXAMÍN Machado e Power vs Alto do Vento FS
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 18/11 | 16:00h
Un pouquiño antes, tamén xogará o Prebenxamín Machado e Power, ás 16:00h, contra o Alto do Vento FS.
Comentários