A fin de semana para a Escola Deportiva noiesa vén cargada, con opcións máis que probables de campionato para o Xuvenil e catro encontros no Municipal Agustín Mourís!
XUVENIL
O equipo de Daniel Ventoso será campión da 1ª Autonómica nun 99,9% de posibilidades. Só unha vitoria do Alto do Vento FS o sábado por 34 goles ou máis de diferenza provocaría que os noieses tiveran que sumar polo menos un punto na pista do A Estrada Futsal "A" para reclamar o título. Así que, con case total seguridade, os brancos festexarán o campionato na pista estradense este domingo 19 ás 12:00h.
CADETE
Xornada 22 para o Cadete de Liga Galega, que recibe ao AJ Pombo Hércules FS, 10º da táboa, contra o que os de David Palmas buscarán tres importantes puntos este domingo 19 ás 19:00h no Mourís para seguir achegándose ao título de campións.
O Cadete de 1ª Autonómica recibe ao AD Codima o sábado 18 ás 12:15h, en partido da 18ª xornada do campionato.
ALEVÍN
O Alevín de Iván Insua comeza a fin de semana este venres, en partido de Liga Xogade contra o ED Os Miudos "B" ás 19:00h en Portosín. O sábado 18 ás 11:00h, tentarán dunha vez por todas disputar o partido aprazado dúas veces da xornada 4 da 1ª Autonómica contra o EFS Trasgos.
BENXAMÍN
O Benxamín tamén empezará con partido este venres en Portosín diante do ED Os Miudos "B", ás 18:15h en compromiso de Liga Xogade. Na 1ª Autonómica, visitarán ao Club Melide FS "B" o sábado 18 ás 17:00h, choque da xornada 12 do Grupo 2.
PREBENXAMÍN
Ás 12:00h do domingo 19 xogará o Prebenxamín o seu partido da xornada 12 do Grupo 1 da 1ª Autonómica no Agustín Mourís, diante do Club Melide FS.
Comments