HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Unha final e máis Copa esta fin de semana!
- Departamento prensa Noia PA FS
- 2 hours ago
- 1 min read

Venres, 16/05/2025 · 10:15h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS ten por diante unha xornada especial, cunha final para un dos seus equipos e tres partidos copeiros!
CADETE Rubi e Douglas vs Alto do Vento FS "B"
Cuartos Copa Primeira Futgal FS | SÁB. 17/05 | 18:00h
O Cadete Rubi e Douglas empezará a xornada o sábado 17 ás 18:00h, recibindo no Pavillón de Bergondo ao Alto do Vento FS "B" pola eliminatoria a partido único de cuartos de final de Copa.
CADETE Rubi e Douglas vs CD Laca
Final Liga 1ª Div. Primeira Futgal FS | DOM. 18/05 | 16:00h
E o domingo 18 ás 16:00h, o Cadete Rubi e Douglas afronta a gran final da Liga 1ª División de Primeira Futgal FS, na que se verá co CD Laca no Municipal Restollal santiagués.
Club Melide FS vs BENX. Pazos e Altamirano
Cuartos Copa Primeira Futgal FS | DOM. 18/05 | 11:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano xógase o pase a semifinais da Copa no duelo a partido único de cuartos de Copa contra o Club Melide FS, este domingo 18 ás 11:00h no Municipal de Melide.
PB Diego e Power vs At. Fátima "A"
X4 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | DOM. 18/05 | 10:15h
O Prebenxamín Diego e Power disputa a cuarta xornada de grupos copeira recibindo ao At. Fátima "A" o domingo 18 ás 10:15h no Municipal Agustín Mourís.
Comments