top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | 6 partidos en Noia no regreso tras o Entroido!



Regresa a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS tras o parón de Entroido con 9 encontros programados. Descansan o Xuvenil de Liga Galega FS e o Prebenxamín Matheus e Attos.


La Salle vs XUVENIL Rufino
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 18/02 | 15:15h

O Xuvenil Rufino buscará reanudar a súa boa xeira este domingo 18 ás 15:15h, cando se enfronte no Polideportivo La Salle co La Salle, 7º cos mesmos 13 puntos que os noieses.


Club Melide FS vs CADETE Lluc
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 17/02 | 19:00h

O Cadete Lluc visitará ao Club Melide FS na penúltima xornada desta primeira fase ligueira, este sábado 17 ás 19:00h.


CADETE Henrique e Jabá vs CD Composala
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 18/02 | 11:00h

No Agustín Mourís xogará o Cadete Henrique e Jabá, que recibirá ao CD Composala na 13ª e penúltima xornada da fase previa ligueira, este domingo 18 ás 11:00h.


Alto do Vento FS "C" vs ALEVÍN Pirata
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 17/02 | 19:00h

Volve á competición tras dúas fins de semana o Alevín Pirata, que se enfrontará ao Alto do Vento FS "C" para dar o penúltimo paso desta fase da Liga, o sábado 17 ás 19:00h.


ALEVÍN Altamirano vs Atlético Fátima
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 18/02 | 13:00h

Mesma xornada para o Alevín Altamirano, pola súa parte no grupo 2. Os noieses recibirán ao Atlético Fátima este domingo 18 ás 13:00h.


ALEVÍN Pazos vs AD Codima
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 18/02 | 18:00h

O restante equipo Alevín xogará esa penúltima data o domingo 18 ás 18:00h no Municipal Agustín Mourís ante o AD Codima.


BENXAMÍN Pola vs Club Melide FS "B"
X3 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 18/02 | 17:00h

O Benxamín Pola xoga este domingo 18 ás 17:00h o partido da terceira xornada da segunda fase ligueira contra o Club Melide FS "B".


BENXAMÍN Sarmiento vs Atlético Fátima "B"
X3 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 18/02 | 16:00h

O Benxamín Sarmiento tamén xogará na casa, este domingo 18 ás 16:00h ante o Atlético Fátima "B", na terceira xornada da súa segunda fase ligueira.


PREBENXAMÍN Machado e Power vs Jogafán Ordes FS X3 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 18/02 | 17:00h

Por último, o Prebenxamín Machado e Power, que xogará o seu partido contra o Jogafán Ordes FS este domingo 18 ás 17:00h no Municipal Agustín Mourís.



Comments


bottom of page