top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Xornada reducida polo Entroido



Tan só tres partidos, dous de Liga Xogade e un de Autonómica, nunha fin de semana especial, pola celebración do Entroido, que provoca que descansen as competicións da maioria dos equipos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS.


ALEVÍN

Deses tres encontros, dous son do conxunto Alevín de Iván Insua. Comezando polo venres, no duelo de Liga Xogade que disputarán ás 19:30h en A Barquiña fronte o ED Negreira "B". Para o sábado queda o partido contra o EFS Trasgos, cadro que recibirán ás 16:00h no Municipal Agustín Mourís, en partido aprazado da xornada 4 do Grupo 2 de 1ª Autonómica.


PREBENXAMÍN

O terceiro do choque da fin de semana, que será o primeiro en orde cronolóxica, é o do Prebenxamín, que xogará este venres ás 18:40h contra o ED Santa Comba en A Barquiña, encontro da Liga Xogade.

bottom of page