top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Todo para o domingo!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 15
  • 2 min read

ree

Sábado, 15/11/2025 · 13:32h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS déixao todo para o domingo nunha nova axenda chea de compromisos!



XUVENIL vs Oroso FS CD
X4 Primeira Futgal FS - Fase Previa | DOM. 16/11 | 10:00h

O Xuvenil de Julio Moreno recibe ao Oroso FS CD este domingo 16 ás 10:00h no Municipal Agustín Mourís pola xornada catro de Primeira Futgal FS.



CADETE vs Lago Sport
X10 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 16/11 | 19:00h

O Cadete de Pablo Cardoso xoga na casa, no Municipal Agustín Mourís, o domingo 16 ás 19:00h fronte ao Lago Sport pola décima xornada de Preferente Futgal FS.



INFANTIL vs Lago Sport
X10 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 16/11 | 17:30h

O Infantil de Iván Fernández e Iván Insua enfrontarase ao Lago Sport o domingo 16 ás 17:30h no Municipal Agustín Mourís, correspondente á data 10 de competición.



FC Meigas vs INFANTIL
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 17:30h

O Infantil vese as caras a domicilio, no Municipal de Bertamiráns, co FC Meigas o domingo 16 ás 17:30h na xornada 3 de Primeira Futgal FS.



ALEVÍN vs Alto do Vento FS "B"
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 12:00h

O Alevín recibe ao Alto do Vento FS "B" o domingo 16 ás 12:00h no Municipal Agustín Mourís pola terceira xornada de Primeira Futgal FS.



Jogafan Ordes FS "B" vs BENX. "A"
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 17:00h

O Benxamín "A" visita o domingo 16 ás 17:00h no Municipal Castelao II de Ordes ao Jogafan Ordes FS "B" pola terceira data de Primeira Futgal FS.



BENX. "B" vs AD Codima "B"
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 16:00h

O Benxamín "B" defende o Municipal Agustín Mourís ante o AD Codima "B" o domingo 16 ás 16:00h en choque da terceira xornada de Primeira Futgal FS.




Alto do Vento FS vs PREBENX.
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 10:00h

O Prebenxamín desprázase ao Municipal Apóstol Santiago para enfrontarse ao Alto do Vento FS o domingo 16 ás 10:00h pola terceira data de Primeira Futgal FS.

Comments


bottom of page