top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | O Alevín Altamirano disputa a final!



A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS ten por diante esta fin de semana un total de 7 partidos, todos eles a excepción de dous o domingo no Municipal Agustín Mourís. Descansan Cadete Lluc, Cadete Henrique e Jabá, Alevín Pirata e Alevín Pazos.



IES Coruxo FS vs XUVENIL
X23 Liga Galega | SÁB. 16/03 | 18:00h

Quitarse canto antes o mal sabor de boca que provocou a derrota da semana pasada é o obxectivo dos noieses na súa visita deste sábado 16 ás 18:00h ao IES Coruxo, un dos equipos da zona media-baixa da táboa, 11º con 20 puntos. Unha hipotética vitoria cobra máis importancia ao situarse agora os nosos, líderes da competición, con só 3 puntos de diferenza sobre o segundo clasificado.



XUVENIL Rufino vs Victoria FC
X17 1ª Autonómica - Fase Previa | DOM. 17/03 | 13:00h

O Xuvenil Rufino regresa á competición recibindo o domingo 17 ás 13:00h ao Victoria FC, nun duelo directo entre dous equipos empatados a 16 puntos na clasificación.



Alto do Vento FS "C" vs ALEVÍN Altamirano
1ª Autonómica Eliminatorias - Final Grupo 1 | DOM. 17/03 | 16:45h

Chega o momento da gran final para o Alevín Altamirano! Os nosos xogaranse proclamarse campións do grupo 1 de 1ª Autonómica este domingo 17 ás 16:45h en Boqueixón, diante do Alto do Vento FS "C". Moita sorte, rapaces!



BENXAMÍN Pola vs Jogafán Ordes FS
X7 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 17/03 | 19:00h

O Benxamín Pola xoga na casa este domingo 17 ás 19:00h, recibindo ao Jogafán Ordes FS pola sétima xornada da segunda fase ligueira.



BENXAMÍN Sarmiento vs Jogafán Ordes FS "B"
X7 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 17/03 | 18:00h

O Benxamín Sarmiento xogará unha hora antes, ás 18:00h, tamén no Agustín Mourís contra o Jogafán Ordes FS "B", na sétima xornada da súa segunda fase ligueira.



PB Matheus e Attos vs At. Fátima "B"
X7 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 17/03 | 16:00h

Abrirá a sesión de tarde do domingo o Prebenxamín Matheus e Attos, que recibe ao Atlético Fátima "B" ás 16:00h, pola sétima xornada do grupo 1.



PB Machado e Power vs Stellae FS - Valga X7 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 17/03 | 17:00h

O Prebenxamín Machado e Power xogará contra o Stellae FS - Valga este domingo 17 ás 17:00h na xornada 7 do grupo polo título de 1ª Autonómica.



bottom of page