top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Peche ao ano con 10 partidos



A Escola Deportiva despedirá o ano 2023 en canto a partidos esta fin de semana, cos 10 que pecharán a actividade antes do parón de Nadal.


XUVENIL vs Alto do Vento FS
X13 Liga Galega | SÁB. 16/12 | 19:30h

Despois de lograr a vitoria no partido aprazado en Vilalba por 2-6, cos goles de Mateo Varela, Mateo Vázquez x2, César Calatayud, Oliver Chenel e Álvaro Fernández, os de Daniel Ventoso reafirmaron a súa condición de líder en Liga Galega, mantendo tres puntos de distancia sobre o Pescados Rubén Burela FS. Agora, e no seu último encontro do ano, os noieses ansían permanecer nesa privilexiada situación, e para iso deberán superar ao Alto do Vento FS, 8º con 13 puntos, este sábado a partir das 19:30h no Agustín Mourís.


CD Composala vs XUVENIL Rufino
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 17/12 | 19:30h

O único partido do domingo disputarao o Xuvenil Rufino, que loitará por conseguir o seu primeiro triunfo do curso en Fontiñas ante o CD Composala a partir das 19:30h.


Oroso FS CD "B" vs CADETE Lluc
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 16/12 | 13:00h

O Cadete Lluc será o segundo e último conxunto noiés en xogar como visitante esta xornada, pechando o ano e empezando a segunda vuelta co seu duelo ante o Oroso FS CD "B" o sábado 16 ás 13:00h no Complexo Deportivo Juan Amigo.


CADETE Henrique e Jabá vs AD Codima
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 16/12 | 12:00h

Tamén inicia a segunda metade da fase previa do seu grupo o Cadete Henrique e Jabá, recibindo ao AD Codima o sábado 16 ás 12:00h.


ALEVÍN Pazos vs ALEVÍN Pirata
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 16/12 | 18:00h

Cara a cara entre equipos noieses na categoría Alevín, cos dous encadrados no grupo 1 enfrontándose este sábado 16 a partir das 18:00h no Mourís.


ALEVÍN Altamirano vs AD Codima "B"
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 16/12 | 13:00h

O Alevín Altamirano concluirá o 2023 recibindo a visita do AD Codima "B" o sábado 16 a partir das 13:00h. Igual que o Xuvenil, tamén disputou a pasada semana un partido aprazado, caendo por 3-1 co Jogafán Ordes FS, gol noiés de Adrián Vidal.


BENXAMÍN Pola vs EFS Trasgos "A"
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 16/12 | 10:00h

A sesión matinal do sábado no Mourís arrancará co Benxamín Pola contra o EFS Trasgos "A", pola xornada 8 do grupo 1 de fase previa de 1ª Autonómica, ás 10:00h.


BENXAMÍN Sarmiento vs Club Melide FS
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 16/12 | 16:00h

E a de tarde iniciará co outro Benxamín, o Sarmiento, co duelo ante o Club Melide FS, correspondente á mesma xornada pero do grupo 2, ás 16:00h.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos vs At. Fátima "A"
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 16/12 | 17:00h

O sábado 16 ás 17:00h no Municipal Agustín Mourís xogará o seu partido o Prebenxamín Matheus e Attos, contra o Atlético Fátima "A".


PREBENXAMÍN Machado e Power vs At. Fátima "B" X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 16/12 | 11:00h

Pola súa parte, o Prebenxamín Machado e Power recibirá ao Atlético Fátima "B" pola mañá do sábado 16, máis concretamente ás 11:00h.



bottom of page