top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Comezan os torneos de Copa!


Volve a competición para a base despois da Semana Santa con ata 11 partidos, con especial protagonismo para o comezo dos torneos de Copa e o debut do noso equipo Biberón. Descansa esta xornada o Cadete de Liga Galega.


XUVENIL

O campión da 1ª Autonómica regresa á competición na xornada 2 do grupo 2 do torneo de Copa, despois de descansar na primeira, recibindo ao Oroso FS CD "B" o sábado 15 de abril ás 18:00h no Municipal Agustín Mourís


CADETE

Xornada 21 ligueira para o Cadete de 1ª Autonómica de Julio Moreno, que se enfrontará no Agustín Mourís o domingo 16 ás 13:00h ao UD Estrada FS.


INFANTIL

A Copa empeza para o Infantil de Pablo Cardoso en Bertamiráns, este sábado 15 ás 19:00h cun cara a cara ante o EFS Trasgos.


ALEVÍN

Unha hora antes, no mesmo lugar e contra o mesmo contendente será o turno dos de Iván Insua para, tamén, empezar a Copa. 18:00h do sábado 15, no Municipal de Bertamiráns diante do EFS Trasgos, inicia a Copa para o Alevín.


BENXAMÍN

O domingo 16 ás 11:00h o Benxamín tamén empeza o seu torneo de Copa, no que está encadrado no grupo 1, recibindo ao Alto do Vento FS "B".


PREBENXAMÍN

Para os torneos de Copa, haberá dous conxuntos noieses na categoría Prebenxamín, un no grupo 1 e outro no 2. O Prebenxamín "A", encadrado no 1, xoga o sábado 15 ás 16:00 no Agustín Mourís contra o CD Sar Extramundi.


Pola súa parte, o Prebenxamín "B", que comeza no grupo 2, enfróntase ao Dubra SD tamén no Mourís unha hora máis tarde, ás 17:00h.


BIBERÓN

Os máis pequenos da Escola Deportiva noiesa debutan en competición esta fin de semana! O domingo 16 ás 12:00h son a hora e lugar escollidos para estrearse, contra o Villestro SD "B".


Tres partidos de Liga Xogade en Muros


As tres categorías participantes na Liga Xogade contan con partido este venres 14. O Alevín (ás 19:45h), o Benxamín (19:00h) e o Prebenxamín (18:15h) enfrontaranse no Pavillón Miraflores de Muros aos equipos do ED Os Miudos "A", na xornada 18 do campionato de Liga Xogade.



bottom of page