HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Benvida á temporada 25/26!
- Departamento prensa Noia PA FS
- 4 days ago
- 1 min read

Domingo, 14/09/2025 · 12:26h · Imaxe: Alejandro Lorenzo
A temporada 2025/2026 xa está aquí para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS! Comeza a competición con dous partidos este domingo no Agustín Mourís!
CADETE vs ADC Piringalla
X1 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 14/09 | 16:30h
O Cadete dirixido por Pablo Cardoso inicia a aventura na Preferente Futgal FS recibindo ao ADC Piringalla este domingo 14 ás 16:30h.
INFANTIL vs Os Meigallos FS
X1 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 14/09 | 18:30h
Fará o propio o Infantil de Iván Fernández e Iván Insua dúas horas máis tarde, ás 18:30h, cando se enfrontará no Agustín Mourís ao Os Meigallos FS.
Comments