top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Larga xornada!

  • 3 hours ago
  • 2 min read

Xoves, 12/03/2026 · 19:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A xornada desta fin de semana na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS prolóngase ata o martes cos seguintes partidos! Descansa o Xuvenil de Primeira Futgal FS.



CADETE vs Troula Betanzos FS
X24 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 15/03 | 19:00h

O Cadete de Pablo Cardoso recibe o domingo 15 ás 19:00h ao Troula Betanzos FS en partido da 24ª xornada de Preferente Futgal FS.



INFANTIL vs Troula Betanzos FS
X24 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 15/03 | 17:30h

O Infantil de Iván Fernández enfróntase na casa ante o Troula Betanzos FS o domingo 15 ás 17:30h pola 24ª xornada de Preferente Futgal FS.



INFANTIL vs CD CompoSala "B"
X16 Primeira Futgal FS | MAR. 17/03 | 18:00h

O Infantil agardará ata o martes 17 ás 18:00h para verse as caras no Mourís co CD CompoSala "B" pola 16ª xornada de Primeira Futgal FS.



ALEVÍN vs AD Codima "C"
X16 Primeira Futgal FS | SÁB. 14/03 | 19:00h

O Alevín xoga na casa este sábado 14 ás 19:00h, cando recibirá ao AD Codima "C" no seu partido da xornada 16 de Primeira Futgal FS.



BENX. "A" vs EFS Trasgos "A"
X4 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 2ª Div. | DOM. 15/03 | 16:00h

O Benxamín "A" disputa este domingo 15 ás 16:00h no Mourís contra o AD Codima "B" o seu encontro da xornada 4 da Liga Regular de 2ª División de Primeira Futgal FS.



AD Codima vs BENX. "B"
X4 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 15/03 | 16:00h

O Benxamín "B" será o único equipo que xogue lonxe de Noia, e farao este domingo 15 ás 16:00h ante o AD Codima no Municipal de Restollal santiagués, pola xornada 4 da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS.



PREBENX. vs AD Codima
X16 Primeira Futgal FS | SÁB. 14/03 | 19:00h

O Prebenxamín volve do descanso da pasado finde recibindo ao AD Codima este sábado 14 ás 19:00h, en partido da xornada 16 de Primeira Futgal FS.

Comments


bottom of page