
Venres, 14/02/2025 · 20:35h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Outra vez, a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS continúa recuperando partidos pendentes mentres as competicións seguen o seu curso, con varias delas pechando primeira fase!
Alto do Vento FS vs XUVENIL Peixe e Garrincha
X14 Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 20:00h
O Xuvenil Peixe e Garrincha disputa este domingo 16 ás 20:00h no Municipal de Pontepedriña santiagués fronte ao Alto do Vento FS o seu partido da 14ª e última xornada de Primeira Futgal FS.
AD Codima vs CADETE Rubi e Douglas
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | VEN. 14/02 | 20:00h
O Cadete Rubi e Douglas ponse ao día ao recuperar o partido da xornada 12 contra o AD Codima este venres 14 ás 20:00h no Municipal Santa Isabel.
CADETE Rubi e Douglas vs Oroso FS CD "B"
X15 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 15/02 | 19:00h
O sábado 15 ás 19:00h, novo e último partido do Cadete Rubi e Douglas nesta fase previa ligueira, recibindo ao Oroso FS CD "B" no Agustín Mourís
A Estrada Futsal vs INFANTIL Pirata
X14 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 12:00h
O Infantil Pirata visita o Coto Ferreiro de A Estrada para enfrontarse ao A Estrada Futsal este domingo 16 ás 12:00h na 14ª e penúltima xornada de fase previa ligueira.
At. Fátima vs ALEVÍN Schütt e Á. García
X10 Fase Previa Primeira Futgal FS | VEN. 14/02 | 19:05h
O Alevín Schütt e Álex García visita no Municipal Santa Isabel este venres 14 ás 19:05h ao At. Fátima, no aprazado da 10ª xornada de fase previa ligueira.
ALEVÍN Schütt e Á. García vs EFS Trasgos
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 19:00h
O domingo 16 ás 19:00h o Alevín Schütt e Álex García disputa o seu segundo partido da fin de semana, na casa contra o EFS Trasgos pola 13ª e definitiva xornada de fase previa ligueira.
BENX. Pazos e Altamirano vs Jogafán Ordes FS
X13 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 15/02 | 18:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano recibe o sábado 15 ás 18:00h ao Jogafán Ordes FS, en partido da 13ª xornada da fase previa de Liga.
BENX. Pazos e Altamirano vs At. Fátima
X10 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 18:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano tamén xogará o domingo 16 ás 18:00h, véndose as caras co At. Fátima en partido pendente da 10ª xornada da fase previa de Liga.
BENX. Rufino vs Jogafán Ordes FS "B"
X13 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | SÁB. 15/02 | 17:00h
O Benxamín Rufino xogará como local o sábado 15 ás 17:00h contra o Jogafán Ordes FS "B", en encontro da 13ª xornada da fase previa ligueira.
PB Diego e Power vs Jogafán Ordes FS
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 17:00h
O Prebenxamín Diego e Power recibirá ao Jogafán Ordes FS o domingo 16 ás 17:00h no Mourís, en duelo da 12ª xornada da fase previa ligueira.
Victoria FC vs PB Montero e Iván
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 15/02 | 18:25h
O Prebenxamín Montero e Iván desprazarase ao Pavillón Monte dos Postes da capital galega pola 12ª xornada ligueira para xogar o sábado 15 ás 18:25h contra o Victoria FC.
Comments