top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Primeira xornada do 2024!



A Escola Deportiva comeza o ano 2024 en canto a partidos esta fin de semana, con ata dez encontros entre o sábado e o domingo. O Alevín Altamirano é o único equipo que descansa.


Grelo Troula Betanzos FS vs XUVENIL
X14 Liga Galega | SÁB. 13/01 | 19:00h

O líder de Liga Galega regresa á competición coa penúltima xornada da primeira volta, na que visitará ao Grelo Trouza Betanzos, 9º con 14 puntos, este sábado 13 ás 19:00h, coa clara idea de seguir onde o deixaron en 2023 e sumar de tres para manterse no máis alto.


XUVENIL Rufino vs A Estrada Futsal
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 13:30h

O pasado ano finalizou co primeiro triunfo do curso para o Xuvenil Rufino, que quererá engadir máis neste 2024 a partir deste sábado 13 ás 13:30h, día e hora do duelo da xornada 9 de 1ª Autonómica fase previa grupo 1 ante A Estrada Futsal.


CADETE Lluc vs CD Compañía de María
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 10:00h

Segunda xornada da segunda volta para o Cadete Lluc, que recibirá o sábado 13 ás 10:00h no Alonso Rodríguez a un dos cinco equipos que ten por diante na táboa e aos que buscará dar alcance.


Oroso FS CD vs CADETE Henrique e Jabá
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 13/01 | 13:30h

Polo mesmo tramo atravesa o Cadete Henrique e Jabá, que inicia 2024 visitando ao Oroso FS CD, rival directo na clasificación con só un punto menos, este sábado 13 a partir das 13:30h.


ALEVÍN Pirata vs Jogafán Ordes FS "B"
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 14/01 | 17:00h

O Alevín Pirata tratará de conseguir unha nova vitoria para manterse firme na pelexa pola primeira posición, que actualmente ocupa compartida co AD Codima, empatado a 18 puntos e cun partido máis. O duelo desta xornada 9, o domingo 14 ás 17:00h no Agustín Mourís.


Alto do Vento FS "C" vs ALEVÍN Pazos
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 16:45h

O Alevín Pazos, pola súa parte, desprazarase este sábado 13 ás 16:45h a Quiroga Palacios para verse as caras co Alto do Vento FS "C".


BENXAMÍN Pola vs Oroso FS CD "B"
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 11:00h

O Benxamín Pola, que é 3º con 16 puntos no seu grupo, enfrontarase este sábado 13 ás 11:00h no Alonso Rodríguez ao Oroso FS CD "B".


BENXAMÍN Sarmiento vs Jogafán Ordes FS
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 13/01 | 11:50h

A continuación, o Benxamín Sarmiento recibe ao Jogafán Ordes FS no mesmo Pavillón Alonso Rodríguez a partir das 11:50h.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos vs Jogafán Ordes FS "B"
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 12:35h

Continuará a sesión matinal no Alonso Rodríguez o Prebenxamín Matheus e Attos, xogando contra o Jogafán Ordes FS "B" ás 12:35h.


PREBENXAMÍN Machado e Power vs UD Estrada FS X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 14/01 | 16:00h

O Prebenxamín Machado e Power será, xunto ao Alevín Pirata, o segundo e último equipo en xogar o domingo. O seu rival será o UD Estrada FS a partir das 16:00h no Agustín Mourís.



bottom of page