top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Cinco partidos de seis en Noia



Seis partidos agardan pola Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, cinco deles no Agustín Mourís, incluido o deste xoves do Xuvenil.


XUVENIL

Os de Daniel Ventoso buscan un novo triunfo en Copa este mesmo xoves ás 20:30h, cando recibirán no Mourís ao Alto do Vento FS "A", un dos seus máximos rivais na loita polo último título de Liga.


CADETE

O equipo de Julio Moreno afronta a xornada 25 da 1ª Autonómica co partido ante o O Rodo EFS Rodeiro este sábado 13 ás 11:00h no Agustín Mourís.


ALEVÍN

O único partido fóra da casa será o do Alevín de Iván Insua, que se enfronta ao Victoria FC "A" na quinta xornada do seu grupo copeiro.


BENXAMÍN

O Benxamín abrirá a sesión matinal do sábado, co choque contra o Stellae FS a partir das 10:00h, da xornada 5 do Grupo 1 de Copa.


PREBENXAMÍN

Xogarán ambos equipos Prebenxamíns o sábado no Agustín Mourís, co "B" facéndoo ás 12:00h contra o Alto do Vento FS e o "A" diante do Bertamiráns CF ás 13:00h.

bottom of page