top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Primeiros de decembro!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 3 days ago
  • 2 min read

ree

Sábado, 13/12/2025 · 00:24h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS dá comezo ao mes de decembro con esta axenda!



CD Laca vs XUVENIL
X7 Primeira Futgal FS - Fase Previa | DOM. 14/12 | 19:30h

O Xuvenil de Julio Moreno visita ao CD Laca este domingo 14 ás 19:30h no Pavillón Reboredo de O Pino pola xornada 7 de Primeira Futgal FS.



O Parrulo Ferrol FS "A" vs CADETE
X13 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 14/12 | 17:30h

O Cadete de Pablo Cardoso xoga a domicilio o domingo 14 ás 17:30h fronte ao O Parrulo Ferrol FS "A" pola 13ª xornada de Preferente Futgal FS.



O Parrulo Ferrol FS "A" vs INFANTIL
X13 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 14/12 | 16:00h

O Infantil de Iván Fernández e Iván Insua tamén se desprazará a A Malata para verse co O Parrulo Ferrol FS "A" o domingo 14 ás 16:00h pola data 13 de competición.



INFANTIL vs Jogafan Ordes FS
X6 Primeira Futgal FS | DOM. 14/12 | 17:00h

O Infantil recibe ao Jogafan Ordes FS o domingo 14 ás 17:00h no Municipal Agustín Mourís pola xornada 6 de Primeira Futgal FS.



UD Estrada FS vs ALEVÍN
X6 Primeira Futgal FS | SÁB. 13/12 | 16:00h

O Alevín visita no Municipal Coto Ferreiro ao UD Estrada FS o sábado 13 ás 16:00h pola xornada 6 de Primeira Futgal FS.



BENX. "A" vs Alto do Vento FS "B"
X6 Primeira Futgal FS | DOM. 14/12 | 10:00h

O Benxamín "A" recibe na casa ao Alto do Vento FS "B" o domingo 14 ás 10:00h pola sexta data de Primeira Futgal FS.



EFS Trasgos "A" vs BENX. "B"
X6 Primeira Futgal FS | DOM. 14/12 | 17:30h

O Benxamín "B" enfrontarase ao EFS Trasgos "A" no Municipal de Bertamiráns o domingo 14 ás 17:30h en choque da sexta xornada de Primeira Futgal FS.

Comments


bottom of page