top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Todos os equipos en acción!



Ningunha categoría descansará nesta fin de semana de tres días e once partidos para a Escola Deportiva noiesa, sete de eles no Mourís, na que os máis pequenos terminarán unha nova fase ligueira.



Os Meigallos FS vs XUVENIL
X25 Liga Galega FS | DOM. 14/04 | 18:00h

Tras descansar a pasada fin de semana, o Xuvenil líder de Liga Galega FS visitará este domingo 14 ás 18:00h ao Os Meigallos FS, 11º con 22 puntos, coa misión de gañar e manter a súa vantaxe á fronte da táboa, antes do importante duelo contra Pescados Rubén Burela FS. Cinco puntos separan a noieses de bureleses a falta de 6 xornadas.



A Estrada Futsal vs XUVENIL Rufino
X20 1ª Autonómica - Fase Previa | VIE. 12/04 | 20:00h

O Xuvenil Rufino visita este venres 12 ás 20:00h ao A Estrada Futsal, pechacancelas da categoría e ante o que intentará impoñerse para asentarse no oitavo posto da clasificación.



CADETE Lluc vs Alto do Vento FS
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 14/04 | 19:00h

Segunda xornada copeira para o Cadete Lluc, que intentará facer mellor o empate da primeira recibindo ao Alto do Vento FS este domingo 14 ás 19:00h.



CADETE Henrique e Jabá vs At. Fátima
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 14/04 | 16:00h

O Cadete Henrique e Jabá estreouse con triunfo e intentará alargar esa dinámica este domingo 14 ás 16:00h en Noia, cando e onde recibirá ao Atlético Fátima.



Club Melide FS vs ALEVÍN Pirata
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 13/04 | 18:00h

Outro que intentará prolongar a vitoria da primeira xornada é o Alevín Pirata, que visitará Melide este sábado 13 ás 18:00h.



EFS Rodeiro vs ALEVÍN Altamirano
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | VEN. 12/04 | 19:00h

Da mesma maneira, o Alevín Altamirano xogará na tarde deste venres, ás 19:00h, ante o EFS Rodeiro en propósito de obter a súa segunda vitoria consecutiva.



ALEVÍN Pazos vs Jogafán Ordes FS "B"
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 14/04 | 11:30h

O Alevín Pazos xogará este domingo 14 ás 11:30h, día e hora no que se enfrontará ao Jogafán Ordes FS "B" no Municipal Agustín Mourís.



BENXAMÍN Pola vs EFS Trasgos "A"
X10 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 14/04 | 12:30h

Finaliza a segunda fase ligueira para Benxamíns e Prebenxamíns coa décima e última xornada. O Benxamín Pola xogaráa este domingo 14 ás 12:30h na casa ante o EFS Trasgos "A".



BENXAMÍN Sarmiento vs AD Codima "B"
X10 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 14/04 | 13:30h

O Benxamín Sarmiento concluirá esta segunda fase recibindo ao líder AD Codima "B" este domingo 14 ás 13:30h.



PB Matheus e Attos vs At. Fátima "A" X10 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 14/04 | 18:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos, 1º con 19 puntos, xogará contra o Atlético Fátima "A", 2º con 18, nun duelo que decidirá o gañador desta segunda fase ligueira.



PB Machado e Power vs AD Codima
X10 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 14/04 | 17:00h

O Prebenxamín Machado e Power xogará este domingo 14 ás 17:00h no Municipal Agustín Mourís contra o AD Codima para pechar esta segunda fase de 1ª Autonómica.



bottom of page