top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Sábado 11 ao domingo 12 de novembro



Dez partidos en total para a Escola Deportiva do club noiés, só dous deles no Agustín Mourís, co Alevín Pazos como único equipo que descansa.


Grupo Forma-t Vilalba FS vs XUVENIL
X9 Liga Galega | DOM. 12/11 | 12:30h

Parada en Vilalba para o Xuvenil, que buscará na localidade lucense a súa sexta vitoria consecutiva en Liga Galega para manterse firme na pugna polo primeiro posto. Actualmente, os noieses son 2º con 18 puntos, a 2 do líder Hércules FS, que ten un partido máis disputado. O rival deste domingo ás 12:30h, o Grupo Forma-t Vilalba FS, é penúltimo con 1 punto.


Oroso FS CD vs XUVENIL Rufino
X4 1ª Autonómica Fase Previa | SÁB. 11/11 | 13:00h

Ao cuarto intento tratará o Xuvenil Rufino de conseguir o seu primeiro triunfo do curso, nesta ocasión visitando ao Oroso FS CD o sábado 11 ás 13:00h.


CADETE Lluc vs Jogafán Ordes FS "B"
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 11/11 | 11:00h

Xogará na casa o Cadete Lluc diante do Jogafán Ordes FS "B" coa intención de lograr a segunda vitoria en dous partidos no Mourís, este sábado 11 ás 11:00h.


Club San Francisco Teo vs CADETE Henrique e Jabá
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 11/11 | 10:00h

O outro partido da Escola Deportiva no Agustín Mourís disputarao, aínda que facendo de visitante, o Cadete Henrique e Jabá, que quererá volver a sumar ante o Club San Francisco Teo, cadro que ten os seus mesmos 4 puntos, este sábado 11 a partir das 10:00h.


EDS Santa Marta vs ALEVÍN Pirata
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 12/11 | 12:00h

Volver á senda da vitoria buscará o Alevín Pirata, equipo do cal tres xogadores asistiron esta semana a un adestramento coa selección comarcal de Santiago, este domingo 12 ás 12:00h contra o EDS Santa Marta.


Jogafán Ordes FS vs ALEVÍN Altamirano
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 11/11 | 17:00h

Pola súa parte, o Alevín Altamirano buscará refrendar o triunfo da pasada xornada este sábado 11 ás 17:00h, cando se enfronte ao Jogafán Ordes FS, equipo ao que, actualmente, ten por detrás na clasificación.


Oroso FS CD "B" vs BENXAMÍN Pola
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 12/11 | 12:00h

O Benxamín Pola, que a pasada xornada logrou a vitoria por segundo partido seguido, visitará ao Oroso FS CD "B" este domingo 12 ás 12:00h no Complexo Deportivo Juan Amigo.


Jogafán Ordes FS vs BENXAMÍN Sarmiento
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 11/11 | 11:00h

Na matinal do sábado, máis concretamente ás 11:00h, visitará o Benxamín Sarmiento ao Jogafán Ordes FS, na cuarta xornada do grupo 2 da fase previa de 1ª Autonómica.


Jogafán Ordes FS "B" vs PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 12/11 | 17:30h

Aos dous Prebenxamíns tamén lles tocará actuar de visitantes, no caso do Matheus e Attos tamén contra o Jogafán Ordes FS "B", o domingo 12 ás 17:30h.


UD Estrada FS vs PREBENXAMÍN Machado e Power
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 12/11 | 16:00h

E tamén o domingo pola tarde, pero un pouco antes, xogará o Prebenxamín Machado e Power, que visitará A Estrada para xogar contra o UD Estrada FS ás 16:00h.



bottom of page