top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | As Copas toman protagonismo!

  • Apr 10
  • 1 min read

Venres, 10/04/2026 · 16:36h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


Nova xornada para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, na que os torneos de Copa xa son maioría! Descansan Cadete, Benxamín "B" e Prebenxamín.



XUVENIL vs Oroso FS CD
X1 Copa Primeira Futgal FS - Grupo 2 | DOM. 12/04 | 10:00h

O Xuvenil de Julio Moreno empeza este domingo 12 ás 10:00h a competición copeira, recibindo no Pavillón Alonso Rodríguez ao Oroso FS CD.



INFANTIL vs Os Meigallos FS
X2 Copa Preferente Futgal FS - Subgr. 1B | SÁB. 11/04 | 18:15h

O Infantil de Iván Fernández continúa o seu periplo copeiro recibindo ao Os Meigallo FS o sábado 11 ás 18:15h no Pavillón Alonso Rodríguez na xornada 2 do Subgrupo 1.



A Estrada Futsal vs INFANTIL
X19 Primeira Futgal FS | SÁB. 11/04 | 12:00h

O Infantil disputa a 19ª data ligueira da Primeira Futgal este sábado 11 ás 12:00h, cando visitará ao A Estrada Futsal no Municipal Coto Ferreiro.



ALEVÍN vs Jogafan Ordes FS "B"
X2 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 5 | SÁB. 11/04 | 16:00h

O Alevín disputa a segunda xornada do Grupo 5 de Copa no Pavillón Alonso Rodríguez este sábado 11 ás 16:00h, enfrontándose ao Jogafan Ordes FS "B".



Victoria FC vs BENX. "A"
X2 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 1 | SÁB. 11/04 | 19:00h

O Benxamín "A" desprázase ao Municipal Apóstol Santiago este sábado 11 ás 19:00h, en partido da segunda xornada copeira, que xogará contra o Victoria FC.

Comments


bottom of page