top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Fin de semana de moitas emocións por diante!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Apr 11
  • 2 min read

Venres, 11/04/2025 · 19:15h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS non só non para, senon que entra en fases decisivas para moitos dos equipos nesta xornada que vén!



CADETE Rubi e Douglas vs CD Laca
X6 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | VIE. 11/04 | 21:15h

O Cadete Rubi e Douglas termina este venres 11 ás 21:15h na casa fronte ao CD Laca a fase regular ligueira, xogándose o pase ás roldas eliminatorias polo título.



INFANTIL Pirata vs AD Codima "B"
X6 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 13/04 | 19:00h

O Infantil Pirata tamén pon punto e final a esta segunda fase, no seu caso o domingo 13 ás 19:00h contra o AD Codima "B" no Municipal Agustín Mourís.



ALEVÍN Schütt e Á. García vs Victoria FC
Fase Final 1ª Div. Semifinal (ida) Primeira Futgal FS | DOM. 13/04 | 17:00h

O Alevín Schütt e Álex García afronta a ida de semifinais do seu título ligueiro este domingo 13 ás 17:00h, recibindo ao Victoria FC no Municipal Agustín Mourís.



BENX. Pazos e Altamirano vs Victoria FC
X6 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 13/04 | 18:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano enfróntase co Victoria FC este domingo 13 ás 18:00h no Mourís, en partido da sexta e última xornada de fase regular de Liga.



Victoria FC "B" vs BENX. Rufino
X6 Liga Regular 2ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 12/04 | 20:00h

O Benxamín Rufino desprázase o Pavillón Monte dos Postes santiagués para xogar ante o Victoria FC "B" o sábado 12 ás 20:00h, en encontro da sexta e última xornada da segunda fase ligueira.



Jogafán Ordes FS vs PB Diego e Power
Fase Final Liga Regular Semifinais Primeira Futgal FS | SÁB. 12/04 | 17:45h

O Prebenxamín Diego e Power disputa o seu duelo de semifinais de Liga ante o Jogafán Ordes FS no Municipal Castelao II este sábado 12 ás 17:45h.





Yorumlar


bottom of page