HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Protagonismo copeiro!
- Departamento prensa Noia PA FS
- May 9
- 2 min read

Venres, 09/05/2025 · 18:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A emoción da Copa faise dona dunha nova xornada da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS!
CADETE Rubi e Douglas vs Club Melide FS
Oitavos (volta) Copa Primeira Futgal FS | DOM. 11/05 | 19:00h
O Cadete Rubi e Douglas defende o domingo 11 ás 19:00h como local neste duelo de volta a ampla vantaxe de 3-11 lograda na ida de oitavos de Copa contra o Club Melide FS.
At. Fátima "B" vs INFANTIL Pirata
Oitavos (volta) Copa Primeira Futgal FS | SÁB. 10/05 | 12:30h
O Infantil Pirata intentará, este sábado 10 ás 12:30h no Municipal Pontepedriña de Santiago, remontar na volta de oitavos de Copa ante o Atlético Fátima "B" o 0-4 desfavorable da ida.
ALEVÍN Schütt e Á. García vs Alto do Vento FS "B"
Oitavos (volta) Copa Primeira Futgal FS | DOM. 11/05 | 20:00h
O Alevín Schütt e Álex García buscará aplicar o "factor volta na casa" para superar os oitavos de Copa. Para iso, terá que repoñerse do 3-2 da ida contra o Alto do Vento FS "B" este domingo 11 ás 20:00h no Municipal Agustín Mourís.
AD Codima "B" vs BENX. Pazos e Altamirano
Oitavos (volta) Copa Primeira Futgal FS | DOM. 11/05 | 18:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano protexe como visitante o gran resultado (12-1) da ida de oitavos de final na volta, este domingo 11 ás 18:00h no Municipal Pontepedriña santiagués, fronte ao AD Codima "B".
CD CompoSala vs BENX. Rufino
Oitavos (volta) Copa Primeira Futgal FS | DOM. 11/05 | 11:00h
O Benxamín Rufino irá a pola sorpresa de darlle a volta ao 9-1 da ida de oitavos de Copa este domingo 11 ás 11:00h no Municipal Apóstol Santiago contra o CD CompoSala.
At. Fátima "B" vs PB Montero e Iván
X3 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | DOM. 11/05 | 17:00h
O Prebenxamín Montero e Iván afronta a terceira xornada de grupos copeira visitando ao At. Fátima "B" o domingo 11 ás 17:00h no Municipal Pontepedriña.
Comments