top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Entre aprazados empeza febreiro!


Venres, 31/01/2025 · 17:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS segue a súa axenda mentres se pon ao día con algúns dos aprazados da semana pasada nos primeiros encontros de febreiro!



Club San Francisco Teo 2-2 XUVENIL Peixe e Garrincha
X11 Primeira Futgal FS | MÉR. 29/01 | 18:10h

Entre tantos horarios, un resultado. O pasado mércores, o Xuvenil Peixe e Garrincha igualou 2-2 no partido aprazado da xornada 11 contra o Club San Francisco Teo. Os goles noieses foron de Xavi Fernández e Carlos Suárez, e na táboa ocupan a 6ª posición con 9 puntos.



XUVENIL Peixe e Garrincha vs Club Melide FS
X12 Primeira Futgal FS | DOM. 02/02 | 16:00h

O Xuvenil Peixe e Garrincha disputa o seu segundo partido da semana, o correspondente á xornada 12, este domingo 2 ás 16:00h no Mourís fronte ao Club Melide FS.



CADETE Rubi e Douglas vs A Estrada Futsal
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 20:00h

O Cadete Rubi y Douglas recibe ao A Estrada Futsal este sábado 1 ás 20:00h no Agustín Mourís, en partido da xornada 13 ligueira.



AD Codima "B" vs INFANTIL Pirata
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 20:00h

O Infantil Pirata desprázase ao Pavillón Carmen Estévez de Roxos para xogar contra o AD Codima "B" este sábado 1 ás 20:00h, en partido da duodécima xornada ligueira.



INFANTIL Pirata vs Alto do Vento FS "B"
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 02/02 | 19:00h

O día siguiente ás 19:00h, o Infantil Pirata disputa o duelo pendente da xornada 11 contra o Alto do Vento FS "B" no Agustín Mourís.



ALEVÍN Schütt e Á. García vs Club Melide FS
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 02/02 | 17:00h

O Alevín Schütt e Álex García vese as caras co Club Melide FS este domingo 2 ás 17:00h no Agustín Mourís, no que será a 11ª xornada de fase previa ligueira.



Alto do Vento FS "B" vs BENX. Pazos e Altamirano
X11 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 18:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano xoga a domicilio, no Pavillón Monte dos Postes, este sábado 1 ás 18:00h visitando ao Alto do Vento FS "B", duelo da undécima xornada da fase previa de Liga.



Alto do Vento FS "C" vs BENX. Rufino
X11 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 19:00h

O Benxamín Rufino tamén disputará o seu partido da xornada 11 este sábado 1 no Pavillón Monte dos Postes, unha hora máis tarde, ás 19:00h, fronte ao Alto do Vento FS "C".



BENX. Rufino vs Alto do Vento FS
X10 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 02/02 | 18:00h

O domingo 2 ás 18:00h no Mourís, o Benxamín Rufino recupera o duelo aprazado da xornada 10 contra o Alto do Vento FS.



PB Diego e Power vs PB Montero e Iván
X10 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 19:00h

Segundo duelo noiés da temporada, co Prebenxamín Diego e Power e o Prebenxamín Montero e Iván saltando á pista do Mourís o sábado 1 ás 19:00h pola décima xornada ligueira.





Comments


bottom of page