HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Larga xornada na ponte de maio!
- Departamento prensa Noia PA FS
- 3 days ago
- 2 min read

Xoves, 01/05/2025 · 16:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A ponte de maio provoca o adiantado inicio dunha extensa xornada para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS!
CADETE Rubi e Douglas vs Oroso FS CD
Semifinal (volta) Final Liga 1ª Div. Primeira Futgal FS | XOV. 01/05 | 17:45h
O Cadete Rubi e Douglas quere concretar na casa o 2-3 da ida este mesmo xoves 1 ás 17:45h fronte ao Oroso FS CD, no partido de volta das semifinais do torneo ligueiro.
Club Melide FS vs CADETE Rubi e Douglas
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | DOM. 04/05 | 19:00h
O domingo 4 ás 19:00h, o Cadete Rubi e Douglas volverá a saltar á pista, neste caso para estrearse na Copa. Farano no Municipal de Melide contra o Club Melide FS, en partido de ida dos oitavos de final.
INFANTIL Pirata vs At. Fátima "B"
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | XOV. 01/05 | 13:15h
O Infantil Pirata disputa a ida de oitavos de Copa o xoves 1 ás 13:15h contra o Atlético Fátima "B" no Municipal Agustín Mourís.
Club Melide FS vs INFANTIL Pirata
Semifinal (volta) Final Liga 1ª Div. Primeira Futgal FS | DOM. 04/05 | 18:00h
E tres días despois, o Infantil Pirata buscará a remontada na volta de semifinais do torneo ligueiro, tras a derrota 3-5 na ida, este domingo 4 ás 18:00h contra o Club Melide FS no Municipal de Melide.
Alto do Vento FS "B" vs ALEVÍN Schütt e Á. García
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | VEN. 02/05 | 20:45h
O Alevín Schütt e Álex García estréase na Copa co duelo de ida de oitavos, visitando ao Alto do Vento FS "B" este venres 2 ás 20:45h no Municipal de Santa Isabel santiagués.
BENX. Pazos e Altamirano vs AD Codima "B"
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | SÁB. 03/05 | 16:15h
O Benxamín Pazos e Altamirano debuta na Copa coa ida de oitavos de final o sábado 3 ás 16:15h na casa fronte ao AD Codima "B".
BENX. Rufino vs CD CompoSala
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | DOM. 04/05 | 17:30h
O Benxamín Rufino tamén di presente na Copa na ida de oitavos como local. Os noieses xogarán este domingo 4 ás 17:30h contra o CD CompoSala.
AD Codima vs PB Diego e Power
X2 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | SÁB. 03/05 | 11:00h
O Prebenxamín Diego e Power afronta a segunda xornada de fase de grupos copeira este sábado 3 ás 11:00h visitando ao AD Codima.
PB Montero e Iván vs At. Fátima "A"
X2 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | DOM. 04/05 | 16:30h
O Prebenxamín Montero e Iván continúa o seu percorrido copeiro no Agustín Mourís, recibindo o domingo 4 ás 16:30h ao At. Fátima "A".
留言