
Once partidos por diante para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, que por primeira vez na temporada entra ao completo en competición.
XUVENIL vs IES Coruxo FS
X8 Liga Galega | DOM. 05/11 | 18:00h
Continuar co ritmo positivo é a meta dos de Daniel Ventoso, que este domingo 5 recibirán ao IES Coruxo FS, 13º con 4 puntos, a partir das 18:00h. Os noieses, que suman catro vitorias consecutivas, aspiran a continuar pugnando no máis alto da táboa da Liga Galega.
XUVENIL Rufino vs Jogafán Ordes FS
X3 1ª Autonómica Fase Previa | DOM. 05/11 | 12:00h
Despois de perder e empatar, o Xuvenil Rufino buscará o seu primeiro triunfo da temporada na matinal deste domingo, cando se enfrontará no Mourís ao Jogafán Ordes FS.
La Salle vs CADETE Lluc
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 04/11 | 10:00h
O Cadete Lluc desprazarase para verse as caras co La Salle, na terceira xornada do seu grupo de Autonómica. Ao igual que os nosos, o La Salle tamén posúe 3 puntos no seu casilleiro.
CADETE Henrique e Jabá vs Jogafán Ordes FS
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 05/11 | 13:30h
O Cadete Henrique e Jabá volverá a xogar na casa, esta vez contra o Jogafán Ordes FS, o domingo 5 ás 13:30h. Os nosos son 2º con 4 puntos, un menos que o seu rival, na clasificación.
ALEVÍN Pirata vs AD Codima
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 04/11 | 16:45h
O Alevín Pirata xogará como local, pero en Santiago, o seu duelo da terceira xornada contra o AD Codima o sábado ás 16.45h. Ata o momento, suman dous triunfos en dous partidos que o manteñen líderes do seu grupo.
ALEVÍN Altamirano vs EFS Rodeiro
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 05/11 | 11:00h
O Alevín Altamirano será un dos equipos que xogue o domingo pola mañá no Mourís, enfrontándose ao EFS Rodeiro ás 11:00h, no seu segundo partido da temporada.
Club Melide FS vs ALEVÍN Pazos
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 04/11 | 11:00h
Nesta ocasión e por primeira vez este curso, o Alevín Pazos xogará como visitante, enfrontándose ao Club Melide FS este sábado 4 ás 11:00h.
EFS Trasgos "A" vs BENXAMÍN Pola
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 05/11 | 12:00h
Tras a vitoria da semana pasada, o Benxamín Pola xogará como visitante a partir das 12:00h do domingo contra o EFS Trasgos "A".
Club Melide FS vs BENXAMÍN Sarmiento
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 04/11 | 12:00h
Pola súa parte, o outro cadro Benxamín tamén se desprazará de Noia para xogar contra o Club Melide FS este sábado 4 ás 12:00h.
Atlético Fátima "A" vs PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 04/11 | 12:15h
Outro ao que lle tocará coller a mochila é ao Prebenxamín Matheus e Attos, que o sábado 4 ás 12:15h visitará ao Atlético Fátima "A".
Atlético Fátima "B" vs PREBENXAMÍN Machado e Power
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 04/11 | 13:30h
E despois do Matheus e Attos, será o turno do Prebenxamín Machado e Power, que no mesmo pavillón de Monte dos Postes xogarán contra o Atlético Fátima "B" ás 13:30h.
Comments