Isaac Martínez, Tiago Rodríguez e Enzo Horta participaron na fase previa do Campionato de Seleccións Comarcais
- Departamento prensa Noia PA FS

- 4 days ago
- 1 min read

A fase previa do Campionato de Seleccións Comarcais galegas contou este pasado luns con representación do Noia Portus Apostoli FS grazas a tres xogadores da súa Escola Deportiva. Foi o caso de Isaac Martínez -categoría infantil-, Tiago Rodríguez -categoría alevín- e Enzo Horta -categoría benxamín-, que defenderon todos eles as cores da delegación de Santiago.
Para Isaac Martínez, a competición desenvolveuse en O Carballiño, finalizando na última posición de grupo, mentres que Tiago Rodríguez e Enzo Horta xogaron en Maside e as súas seleccións conseguiron unha 2ª e 1ª praza, respectivamente.
Agardamos que gozárades ao máximo esta experiencia, rapaces! Estamos orgullosos de vós!











Comments