top of page

Horario e entradas do amistoso en Ferrol

  • 10 hours ago
  • 1 min read
Martes, 01/09/2026 · 17:48h | O último compromiso amistoso da pretemporada, ante o outro conxunto galego na máxima división nacional.
Martes, 01/09/2026 · 17:48h | O último compromiso amistoso da pretemporada, ante o outro conxunto galego na máxima división nacional.

O Noia Portus Apostoli FS pecha a pretemporada 2026/2027 este venres 4 de setembro, cando visitará a partir das 20:00h ao O Parrulo Ferrol FS no Municipal A Malata ferrolán na súa última proba amistosa.


Os brancos concluirán a súa preparación, consistente en cinco semanas de adestramentos e, ata o momento, catro tests, nos que colleitaron tres vitorias e unha derrota.


A entrada ao partido ante O Parrulo para afeccionados do Portus Apostoli estará dispoñible en dúas modalidades: xeral (maior de 12 anos), a un prezo de 10€; e infantil (menor de 12 anos), gratis.


As entradas están á venda xa en oparrulofs.compralaentrada.com e tamén se poderán adquirir na taquilla de A Malata o día do partido a partir das 19:00h.

Comments


bottom of page