Os partidos do Noia Portus Apostoli FS, en DAZN
- 3 minutes ago
- 1 min read

O Noia Portus Apostoli FS chega a DAZN. A temporada 2026/2027 da Liga Prime Futsal emitirase, na súa totalidade, na plataforma de streaming OTT, tal e como anunciou a RFEF no día de hoxe.
No seu comunicado, o ente federativo explica que ‘os afeccionados poderán seguir cada xornada de forma íntegra desde calquera dispositivo e desfrutar de todos os partidos da Liga Prime Futsal tanto en directo como á carta’.
Sobre as condicións para poder acceder á emisión dos encontros, estes ‘estarán dispoñibles para os subscriptores dos plans Fútbol e Premium de DAZN, que poderán seguir toda a competición desde calquera dispositivo’.
Ademais, ao igual que o curso pasado, cada xornada do Torneo Apertura e do Torneo Clausura emitirase un partido en aberto por Teledeporte e/ou RTVE Play. Na temporada 2025/2026, os afeccionados do Portus Apostoli puideron seguir dous choques do seu equipo pola canle temática e a app de RTVE.
A Liga Prime Futsal 2026/2027 comezará para o Noia o vindeiro sábado 12 de setembro ás 20:30h fronte a ElPozo Murcia Costa Cálida FS. Un partido para vivir nas gradas do Agustín Mourís e, como sabemos agora, tamén desde a emisión de DAZN.





Comments