top of page

CRÓNICA X25 PRIMEIRA DIVISIÓN FS (NPA 5–4 ALZ) | Este equipo quere máis

  • 21 hours ago
  • 4 min read

Updated: 44 minutes ago

Sábado, 18/04/2026 · 21:46h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses fanse cun novo triunfo na casa que sela a permanencia matemática e mantenos en liza polo PlayOff.
Sábado, 18/04/2026 · 21:46h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses fanse cun novo triunfo na casa que sela a permanencia matemática e mantenos en liza polo PlayOff.

O Noia Portus Apostoli FS fíxose cunha vitoria (5-4) de dobre significado ante o Family Cash Alzira FS. Primeiro, polo obxectivo, selando matematicamente a permanencia. E segundo, polo reto ambicioso de colarse nun PlayOff ao que continúa a tiro dun partido a falta de cinco.


Máis dun mes levaban os brancos sen competir diante da súa xente. Tanto, que ata o calor do verán empeza xa a facer a súa incursión na Vila e, tamén, nun Agustín Mourís que presentaba unha alta temperatura no termómetro e no 40x20 polo que se xogaban ambos equipos.


O Portus Apostoli, movido polo soño de regresar a un PlayOff polo título, saíu mellor á pista. Todo e iso coas baixas que arrastraban os de David Palmas. Ata 6, coas sumas de Rubi e Peixe, noqueados para o resto de curso. Nesas, tocaba un paso adiante dos menos habituais. E vaia se se deu. Xusto incorporado ao partido, no seu primeiro toque de balón, Koeman conectou un disparo lamendo o pau desde banda esquerda, indetectable para o porteiro e defensa rivais. O 1-0, a súa estrea goleadora na elite, á altura do que promete este rapaz de 18 anos.


Un gol con dedicatoria especial | Imaxe: Foto Pichero
Un gol con dedicatoria especial | Imaxe: Foto Pichero

A alegría, porén, foi efímera. Un minuto tardou o Family Cash Alzira FS en igualar a contenda. Desequilibrou Lechero polo costado e axustizou polo pau curto para os alzireños, que chegaban a Noia en plena remontada en busca dunha salvación que hai semanas semellaba imposible. De aí o seu empuxe, pleno de corazón, que por momentos fixo dudar a un Portus Apostoli obrigado tamén a dar un paso atrás pola acumulación de faltas. Botou en falta dispoñer diso o cadro de David Palmas no último minuto do acto inicial, cando o Family Cash se puxo por diante grazas ao tanto de Yunii. Quedaban 42 segundos. Poucos para calquera, máis coa inmensidade que restaba de segunda. Pero se este Noia algo ten é que non dá nin 1 segundo por perdido. E nin iso amosaba o crono no momento no que Thierry convertía o 2-2, practicamente sobre a bucina do descanso, cun remate exterior pegado á madeira.


Reinicio explosivo


Os visitantes saíron de vestiarios creando perigo sobre a meta de Schütt, pero atopáronse con dous golpes no queixo coa sinatura de Altamirano. O arxentino anotou en cuestión dun minuto un dobrete espectacular, con dous golpeos inapelables, o primeiro á escadra e o segundo ao primeiro toque entre as pernas do meta. A segunda metade ía de golazos, e co seu Pablo García reduciu diferenzas para o Family Cash no 26’.


Entraba o duelo na súa fase decisiva, e o Portus Apostoli buscaba enfriar o duelo e, se se daba, poñer a diana da ‘tranquilidade’. Tivo dúas boas oportunidades Biel, que á terceira si acertou. Balón largo de Schütt, que xa entregou o coiro a Altamirano no terceiro, ao que o á-pivote brasileiro saltou con máis certeza que o porteiro contrario para poñer o 5-3.


Un gol con dedicatoria especial | Imagen: Foto Pichero
Un gol con dedicatoria especial | Imagen: Foto Pichero

Con porteiro-xogador arriscou o Family Cash Alzira FS nos últimos catro minutos. Unha superioridade numérica que os brancos souberon neutralizar con entereza, a excepción de na acción que pechou o choque, na que os de Braulio Correal anotaron o definitivo 5-4, que non servía para mover ningún punto do poder noiés.


E con estes, van 34. Suficientes para, a cinco xornadas do final, proclamar matematicamente que o Noia Portus Apostoli FS disputará unha quinta temporada entre os mellores. E por estar entre os mellores 8 deses vai a seguir loitando o equipo de David Palmas ata o último segundo desta gran temporada dos seus.



Próximo partido


Sen case descanso, os noieses recibirán ao Illes Balears Palma Futsal o vindeiro martes 21 ás 21:00h no Municipal Agustín Mourís, en adiantado da 29ª xornada ligueira. Faite AQUÍ coa túa entrada.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Schütt (p), Churrasco, Thierry, Altamirano (c) e Ismael. Tamén xogaron Montero, Monteros, Koeman, Biel e Douglas.


Family Cash Alzira FS: Deivd (p), Rubi (c), Ivi, Pablo García e Yunii. Tamén xogaron Joan Miguel, Cristian Povea, Cola, Luiz Fernando, Lechero e Darrieer.


Goles: 1-0 Koeman (10’), 1-1 Lechero (11’), 1-2 Yunii (20’), 2-2 Thierry (20’), 3-2 Altamirano (22’), 4-2 Altamirano (23’), 4-3 Pablo García (26’), 5-3 Biel (33’), 5-4 Pablo García (40’).


Os árbitros David Urdánoz Apezteguía e Eder Gómez de Salazar Fernández, do comité navarro, amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Douglas (26’). Nos alzireños, amarela a Cristian Povea (13’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 25 da Primeira División FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 700 espectadores.

Comments


bottom of page