Dúas caras novas no corpo técnico do Noia Portus Apostoli FS 2025/2026!
- Departamento prensa Noia PA FS

- Aug 8
- 1 min read

O Noia Portus Apostoli FS 2025/2026 continúa tomando forma. E non só nos xogadores que xa o están dando todo na pista nesta pretemporada, senon tamén nun corpo técnico cuxo organigrama xa está totalmente modelado e traballando de cara a unha esixente e ambiciosa temporada, con David Palmas á cabeza e dous novos compoñentes.
Sergi Gil, nova man dereita do míster

Desde terras catalás chega Sergi Gil (Barcelona. 29/06/1995) en calidade de segundo adestrador do Primeiro Equipo noiés. Ás súas costas ten unha extensa e versátil traxectoria no fútbol sala catalán, principalmente no Futsal Lleida, onde desempeñou papeis de xogador, coordinador de base, analista de vídeo, preparador físico e adestrador.
Sergio Fandiño únese ao equipo de servizos médicos como fisioterapeuta

Con experiencia no mundo del fútbol sala ao ter formado parte dúas campañas do Poio Pescamar FS na Primeira Iberdrola FS feminina, ademais doutras dúas no Arosa SC na 3ª RFEF en fútbol, Sergio Fandiño Gómez (Beluso, Bueu. 14/03/1999) chega a Noia para ocupar o posto de fisioterapeuta, e unirse así ao doutor Adrián Gallego e ao preparador físico Juan Carlos Argibay dentro do equipo de servizos médicos.
Continuidade no resto de áreas
Ademais destas caras novas, David Palmas seguirá contando no seu corpo técnico con Juan Carlos Argibay como preparador físico, o doutor Adrián Gallego como traumatólogo, Cristhian Fernández como psicólogo, Brais Romero como delegado e Óscar Filgueira como encargado de material.











Comments