top of page

Catro xogadores da Escola Deportiva, convocados coa selección comarcal de Santiago

Álex Balderrábano, Álex Ferradás e Isaac Martínez no equipo Alevín, mentres Tiago Rodríguez foi chamado polo Benxamín.

Álex Ferradás, un dos convocados, nun partido desta temporada

As seleccións da delegación de Santiago contan hoxe xoves con participación de xogadores da Escola Deportiva noiesa, nos primeiros adestramentos de pre-selección de cara aos campionatos comarcais.

Ata 4 son os nenos da nosa base que participan este xoves nas primeiras tomas de contacto dos combinados. Na categoría Alevín é o caso de Álex Balderrábano, Álex Ferradás e Isaac Martínez, que adestran en Boqueixón ás ordes de Iago Vidal. O xogador que completa a nómina noiesa é Tiago Rodríguez, que adestra co Benxamín dirixido por Alán Álvarez nunha práctica compartida coa delegación de Lugo.

bottom of page