top of page

Izan xogará un segundo curso como cedido en Burela

  • 19 hours ago
  • 1 min read
Mércores, 22/07/2026 · 12:00h | O peche, con contrato ata 2028, continuará medrando a préstamo no equipo de A Mariña.
Mércores, 22/07/2026 · 12:00h | O peche, con contrato ata 2028, continuará medrando a préstamo no equipo de A Mariña.

Izan volverá a xogar en calidade de cedido no REYCO Burela FS, despois do acordo alcanzado entre o Noia Portus Apostoli FS e a entidade mariñá para prolongar o préstamo do peche, que conta con contrato en vigor co Club noiés ata 2028.


O vigués, de 21 anos, xa disputou o pasado curso 2025/2026 como cedido no equipo laranxa, no que supoñía un paso adiante na súa carreira deportiva a todos os niveis. Máis minutos, máis esixencia, máis responsabilidade e, en definitiva, máis opcións para seguir medrando, algo que sen dúbida fixo. Entre outros aspectos, os seus 11 goles resultaron fundamentais para que os bureleses cumpriran o obxectivo na Segunda División FS.


O peche foi un dos fixos no equipo de Vista Alegre | Imaxe: REYCO Burela FS
O peche foi un dos fixos no equipo de Vista Alegre | Imaxe: REYCO Burela FS

Nesta vindeira 2026/2027, Izan terá unha nova oportunidade de continuar avanzando e progresando, preto e baixo a atenta mirada dun Noia Portus Apostoli FS que segue demostrando a súa confianza no talento mozo e galego.


Moita sorte e a seguir así, Izan!

Comments


bottom of page