top of page

Bonino xogará cedido en Boca Juniors

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 23 hours ago
  • 1 min read

Luns, 14/07/2025 · 21:25h | O á arxentino estará a préstamo no cuadro bonaerense ata decembro de 2026 para continuar o seu crecemento deportivo.


Bonino xogará en Boca Juniors ata decembro de 2026 en calidade de cedido, despois do acordo alcanzado entre o noso Club e o arxentino.


Será a segunda campaña seguida na que o á, que pertence ao Portus Apostoli desde xaneiro de 2024, xogue a préstamo noutra disciplina. A pasada fíxoo no Melistar FS da Segunda División FS española, disputando 26 partidos e anotando 5 goles en Liga.


Moita sorte no que vén, Mati!

Comments


bottom of page