top of page

O peche Montero incorpórase como cedido ao conxunto noiés


Mércores, 03/07/2024 · 15:00h | O xogador de 22 anos chega a Noia a préstamo por Movistar Inter FS.


David Montero Domínguez (Alcalá de Henares, Madrid, 19/04/2002) convértese no segundo engadido ao Noia Portus Apostoli FS 2024/2025. O xogador alcalaíno de 22 anos chega á Vila en calidade de cedido polo Movistar Inter FS.


Montero formou parte da disciplina do Club interista desde Benxamíns, destacando como unha das perlas e referentes da canteira. No seu haber conta con dúas internacionalidades coas inferiores españolas, unha na Sub-17 e outra na Sub-19. Nos últimos cursos alternou presenza no Filial, tanto en Segunda División FS como en Segunda División “B” FS, e no Primeiro Equipo, co que disputou 4 partidos en Primeira División FS.


Coa súa incorporación, o Portus Apostoli suma ao seu plantel para a próxima temporada un peche diestro e nacional, que destaca pola súa xuventude, proxección, carácter competitivo e capacidade goleadora, como demostrou no segundo equipo interista, do que era capitán e co que xogou o PlayOff de ascenso a Segunda División FS.


Benvido a Noia, á túa nova casa, Montero!

Comentários


bottom of page