top of page

Bonino, cedido ao Melistar FS


Martes, 02/07/2024 · 11:45h | Imaxe: Foto Pichero | O xogador arxentino disputará a temporada 24/25 a préstamo no conxunto melillés.


Bonino continuará a súa progresión e crecemento deportivo a próxima campaña nas filas do Melistar FS da Segunda División FS, tras o acordo de cesión alcanzado polo Noia Portus Apostoli FS co Club da cidade autónoma.


O arxentino, que cumplirá 19 anos en outubro e é un habitual nas convocatorias das inferiores albicelestes, chegou a Noia o pasado mercado de inverno, procedente de Pinocho Futsal, asinando ata 2027. No seu primeiro medio curso como xogador branco, Bonino compatibilizou Filial, co que gañou a Liga de Terceira División FS, e Primeiro Equipo, tendo participación en 11 partidos oficiais e conquistando a Copa Galicia.


Moita sorte neste novo reto, Mati!

Comments


bottom of page